Print this page
-->

Un vídeo amosa os lugares de Padrón, Rois e Dodro polos que discorre a ruta Rosalía nos camiños

  • Hoxe remata o prazo para inscribirse na andaina inaugural deste sábado

  • Na gravación participaron veciños e veciñas dos tres concellos, unha delas caracterizada como Rosalía De Castro

Os concellos de Padrón, Rois e Dodro veñen de publicar un vídeo promocional da ruta Rosalía nos Camiños, no que aparecen reflictidos algúns dos lugares máis importantes vinculados á vida e obra de Rosalía de Castro e polos que pasa esta senda amiga inspirada na obra ‘En las orillas del Sar’. A ruta inaugúrase este sábado, día 21, ás 16.30 horas. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse antes das 23.59 horas de hoxe, xoves, na web de Emesports.

As Torres de Hermida, nas que escribiu algunhas das súas obras Rosalía de Castro, o Santiaguiño do Monte, a paraxe de Fondóns, que lle serviu de inspiración; a praia fluvial de Seira; a igrexa e o cemiterio de Adina, no que estivo soterrada antes de ser traslada ao Panteón de Galegos Ilustres; ou a Casa da Matanza, na que morreu e sede da Fundación Rosalía son algúns dos atractivos lugares polos que discorre a ruta Rosalía nos Camiños e que se recollen no vídeo.

Veciños e veciñas de Padrón, Rois e Dodro colaboraron na gravación deste audiovisual producido pola empresa de comunicación Alicentis, e no que tamén aparece unha veciña caracterizada como Rosalía de Castro na zona de Fondóns.

Esta sendeiro amigable é un percorrido circular e practicamente chan de ao redor de 15 quilómetros con saída e meta no paseo do Espolón (Padrón) e que atravesa tamén os concellos de Rois e Dodro á beira dos ríos Sar e Rois. 

A ruta inaugúrase o sábado 21 de maio cunha andaina solidaria, con saída no paseo do Espolón ás 16.30 horas. Toda a recadación será entregada a Asociación Amipa para colaborar coa integración das persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar.

20220519 Rosalia nos Caminos fotos ruta 156

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…