-->

Publicada a lista de admisión para o Campus Deportivo 2022

20220526 Campus deportivo 2022

21 de xuño de 2022

Queda publicada a lista de admitidos e admitidas para o campus deportivo 2022. Pódese consultar a información para ambas quendas no documento adxunto.

Descarga aquí a lista de admisión do Campus Deportivo (PDF)

25 de maio de 2022

O Concello de Padrón organiza o Campus Deportivo 2022, dirixido ás rapazas e rapaces nados entre 2007 e 2016, ambos incluídos. Este conxunto de actividades abrangue fútbol sala, natación, ciclismo e baloncesto, entre outros, que serán impartidas no Pavillón Grupo Escolar, a piscina da Escravitude e o parque de entretementos Galipark.

O Campus se realizará en dúas quendas, sendo a primeira entre o 27 de xuño e o 12 de xullo e a segunda do 13 ao 29 de xullo. O custo é de 20 euros por participante, con descontos para irmáns se participa máis dun, e a inscrición poderá realizarse entre o 6 e 12 de xuño para as persoas empadroadas no Concello de Padrón, abríndose a todo o público do 13 ao 19 de xuño. Os interesados deberán entregar no rexistro do Concello a ficha de inscrición cuberta e asinada polos seus titores legais, así como o DNI do solicitante e o libro de familia; este último só no caso da matrícula reducida para irmáns.

Recoméndase o uso de roupa deportiva, gorra, crema solar e auga en todas as xornadas, ademais da roupa de baño, chanclas e toalla para as actividades de auga. Para as actividades de ciclismo o participante debe levar a súa propia bicicleta e casco.

Descarga aquí a ficha de inscrición no Campus Deportivo (PDF) 

Descarga aquí a información do Campus Deportivo (PDF)

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…