-->

Os “mellores presupostos da historia de Padrón” achéganse aos 9,5 millóns, con 1,2 para inversión

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, considera que as contas servirán para a “reconstrución social e económica”  ||  

A partida de asistencia a persoas dependentes e desfavorecidas aumenta case un 40% ata os 480.000 euros  ||  

 

O Concello de Padrón aprobou onte en pleno os maiores presupostos da súa historia, cun montante que se achega aos 9,5 millóns de euros e que destinan a investimentos preto de 1,2 millóns. Para o alcalde, Antonio Fernández Angueira, trátase dun “orzamento histórico de reconstrución social e económica” do municipio. Os orzamentos aprobáronse cos votos a favor do equipo de goberno (PP), en contra de PSdeG e BNG e coa abstención de Compromiso por Padrón.

O obxectivo que se propón o equipo de goberno con estas contas é “ser parte activa e dinamizadora da economía, xerando emprego para activar a demanda e o consumo”, engadiu. Ademais da partida destinada a investimentos, que se achega aos 1,2 millóns de euros, Antonio Fernández destacou o forte incremento da partida destinada a asistencia a persoas dependentes e familias desfavorecidas, que pasa de 340.000 a 480.000 euros, incrementándose un corenta por certo.

Na partida de investimentos, o alcalde resaltou as obras de pavimentación e canalización de pluviais no polígono da Picaraña ou o acondicionamento interior da antiga casa Azucarera para trasladar aí a Escola municipal de Música, xunto co asfaltado e os arranxos de vías nas diferentes parroquias do municipio. O goberno local tamén continuará a renovar o alumeado público en diferentes parroquias para contribuír ao aforro enerxético e diminuír a contaminación.

O goberno local contempla seguir dotando con novos vehículos ao servizo de recollida de lixo e tamén inclúe partidas na área de turismo para a promoción do Xacobeo 2022.

Segundo anunciou o alcalde, nos próximos días vai comezar a obra de ampliación do saneamento en Herbón, Pazos, Aduana, Paraíso e Palomar, cun investimento que supera o millón cen mil euros.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…