-->

O XIII Festival Folclórico do Pedrón converterá a Padrón na capital da música tradicional galega

Celebrarase o sábado 11 de xuño ás 21.30h na Praza de Macías // Actuarán os grupos Buxaina, Hei de Cantar e Beillar, Tahúme e a propia agrupación O Pedrón // O evento, presentado polo músico e actor Félix Rodríguez, rematará cunha foliada aberta ao público // O Paseo do Espolón será escenario pola tarde de obradoiros de baile e pandeireta para todas as idades

20220531 Obradoiros XIII Festival Folclorico do PedronA música tradicional dos grupos Buxaina (Vigo), Hei de Cantar e Beillar (Santiago e Muros), Tahúme (Ribeira) e O Pedrón (Padrón) protagonizará a décimo terceira edición do Festival Folclórico do Pedrón, que se celebrará o 11 de xuño ás 21.30 horas na Praza de Macías. O Concello de Padrón apoia esta iniciativa, organizada pola A.F.C. O Pedrón, e que contará co artista Félix Rodríguez como mestre de cerimonias. Obradoiros musicais e unha foliada completan a programación da cita.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, afirma que "é un orgullo para os padroneses e as padronesas termos consolidado un festival destas características e dimensións", e resalta que se trata "dunha actividade que vai máis alá dun concerto de música tradicional, porque busca recuperar e transmitir ás novas xeracións un patrimonio inmaterial que nesta comarca está máis vivo que nunca".

O festival, convertido xa nun referente dos sons máis apegados á terra, abrirase no Paseo do Espolón con tres obradoiros para todas as idades aos que se pode asistir inscribíndose no teléfono 680 37 22 58. O primeiro deles centrarase na iniciación ao baile galego, e impartirao Martín Mondragón (16.30h a 17.30h); o segundo, na pandeireta nas terras de Padrón, con Miguel Barbazán (17.30h a 19.00h); e o terceiro, nos puntos de baile achegados aos investigadores por Balbina Ojea, veciña de Carcacía e coñecida como Balbina de Pousada, tamén con Martín Mondragón (17.30h a 19.00h). 

O momento cumio da noite será o Festival Folclórico, que comezará na Praza de Macías contra as 21.30h. Actuarán o Grupo Etnográfico A Buxaina (Coruxo, Vigo); Hei de Cantar e Beillar (formado por integrantes de Cantigas e Agarimos, de Santiago, e de Persemique, de Muros); o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme (Ribeira); e a propia formación da asociación padronesa O Pedrón. O presentador, Félix Rodríguez, é un artista multidisciplinar con máis de 20 años de traxectoria como actor cómico e percusionista en formacións como Banda Bacana ou Nastasia Zürcher & The Beautifull Band.

A festa non rematará coas actuacións dos grupos. Cara a medianoite, dará comezo unha foliada aberta á participación de todo o público, tamén na Praza de Macías.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…