-->

Paula Sande: “As Aulas Sénior de Padrón son un referente en Galicia”

A vicepresidenta de Ategal destaca o compromiso e a colaboración do Concello de Padrón para co programa   ||  

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira,anima a veciñanza maior de 50 anos a seguir formándose e aprendendo  ||  

Preto de 170 persoas participaron nas actividades das Aulas Sénior que se clausuraron onte  ||  

A exposición de traballos feitos durante o curso poderá verse hoxe e o luns no auditorio municipal  ||  

20220603 Aulas Senior Padron clausura curso exposicion 47

As Aulas Sénior de Padrón pecharon onte pola tarde oficialmente o curso 2021-2022, no que participaron un total de 167 persoas maiores de 50 anos do municipio. O acto de clausura celebrouse no Auditorio municipal e contou coa presenza do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e da vicepresidenta da Asociación Cultural Galega da Formación Permanente de Adultos (Ategal), Paula Sande. Ambas institucións xestionan conxuntamente dende hai preto de 30 anos o programa de formación de maiores.

Paula Sande, que escusou a presenza do presidente de Ategal, Ángel Fagilde, destacou o bo facer das Aulas Sénior de Padrón subliñando que son todo un referente en Galicia, sendo modelo a imitar por concellos da contorna. Neste senso, destacou que as aulas sénior que se están promovendo en Lalín tomaron como referencia ás de Padrón.

Sande indicou que o valor diferencial das Aulas Sénior de Padrón son a infraestrutura da que dispoñen, a diversificación e implicación do rural e os servizos que presta ao colectivo de persoas maiores, sendo ademais unha das aulas máis numerosas da comunidade galega en canto a persoas inscritas. “Todo isto non sería posible sen o gran equipo que teñen detrás as Aulas Sénior de Padrón e sen o alumnado, o piar fundamental”, dixo.

A vicepresidenta de Ategal remarcou que a asociación mantén un compromiso e unha colaboración estable ao longo do tempo co Concello de Padrón. Finalmente, tras agradecer a dedicación, o esforzo e o traballo do alumnado, remarcou que “seguiremos traballando e deseñando máis actividades neste modelo de benestar para vos e para toda a sociedade”.

20220603 Aulas Senior Padron clausura curso 1

Pola súa banda, o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, agradeceu a implicación de Ategal para co programa de formación e comprometeuse a seguir impulsando as Aulas Séniors, desexando que o vindeiro curso dupliquen a cifra pasando de 167 ás 300 persoas matriculadas. “Seguiremos traballando para facervos a vida un pouco más fácil e máis feliz”, sentenciou Fernández Angueira.

No transcurso do acto, proxectouse un emotivo vídeo no que os protagonistas foron as persoas maiores de 50 anos participantes nas Aulas Sénior. Amosáronse imaxes de alumnas e alumnos nos diferentes talleres do programa: manualidades, pintura en tela, pintura en óleo; ximnasia de mantemento, Escola de espalda, ioga, pilates, taichí, informática, reforzo da memoria a través do ordenador, aplicacións móbiles, historia da arte ou  andainas. 

O acto complementouse cunha charla sobre optimismo e vellez, a cargo da psicóloga María José Feres Varela. Esta profesional enumerou unha serie de recomendacións para pensar en positivo encamiñadas á consecución dun maior benestar emocional e a unha redución do estrés. Fene Varela tamén destacou o potencial das persoas maiores e a súa capacidade  aprendizaxe e resiliencia. “Sodes o capital social que temos, un faro para as xeracións máis mozas e un claro exemplo de resiliencia: a máis anos vividos máis oportunidades de adaptarse aos cambios”, remarcou a psicóloga.

20220603 Aulas Senior Padron clausura curso exposicion 48

Paralelamente, inaugurouse unha exposición de traballos feitos polo alumnado do curso. A mostra está aberta a todo o público. Poderá visitarse hoxe, sábado 4 de xuño, só en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas. Tamén permanecerá aberta o luns, 6 de xuño, de 10.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

As Aulas Sénior abrirán o prazo de matrícula para o novo curso o vindeiro 15 de setembro e botarán a andar un mes despois, o 15 de outubro. Dende o Concello anímase a todas as persoas maiores de 50 anos a participar no programa.

20220603 Aulas Senior Padron clausura curso exposicion 44

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…