-->

Ata o 22 de xullo poderán solicitarse postos de venda na Feira Medieval de Padrón

Celebrarase do 2 ao 4 de setembro no Casco Histórico  ||  

Poderán montarse postos de artesanía e de gastronomía  ||  

 

O Concello de Padrón vai celebrar unha nova edición da Feira Medieval do 2 ao 4 de setembro nas rúas do Casco Histórico da Vila co obxectivo de promocionar e potenciar a artesanía galega. As persoas interesadas en montar postos de artesanía ou gastronomía na feira teñen de prazo ata o 22 de xullo para presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello.

As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e, xunto con toda a documentación requerida, entregala no Rexistro antes do 22 de xullo.

Poderase solicitar a participación na Feira Medieval de Padrón en dúas modalidades:

  • Alimentación:Aqueles postos que vendan comida ou bebida
  • Artesanía: para a venda de produtos manufacturados polo propio vendedor ou vendedora mediante proceso artesanal, e que exhiba a devandita técnica ante o público un mínimo de dúas horas diarias, durante o transcorrer da feira.

A Feira Medieval de Padrón estará aberta ao público o 2 de setembro (venres) de 18.00 a 01.00 horas e o sábado e domingo (días 3 e 4) de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 01.00 horas. A partir da unha da madrugada non se poderá facer ningunha actividade nos postos.

As bases e o regulamento da Feira Medieval de Padrón, así como a ficha de inscrición pódense descargar nos arquivos adxuntos que figuran nos seguintes enlaces:

Bases da Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

Regulamento da Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

Solicitude de Participación na Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…