Print this page
-->

Padrón abre o 13 de xuño as inscricións para o Concilia Verán, con 30 prazas por quenda

O Concello oferta dúas quendas de quince días para nenos de 3 a 12 anos //

O prazo para anotarse no programa de conciliación rematará o vindeiro venres 17 de xuño //

O prezo por cada unha das quendas é de 30 euros //

 

CARTEL CONCILIA VERAN 2022O Concello de Padrón, a través da concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova edición do Concilia Verán para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos, ao obxecto de fomentar a conciliación laboral e familiar durante o mes de xullo. O prazo de inscrición neste programa de conciliación abrirá o vindeiro luns, 13 de xuño, e rematará o venres, día 17 de xuño.

O Concilia Verán conta con dúas quendas, a primeira do 1 ao 14 de xullo; e a segunda quenda do 15 ao 29 de xullo. O número de prazas ofertadas en cada quenda é de 30 e outorgaranse por rigorosa inscrición mediante o número de rexistro de entrada. E o prezo por quenda é de 30 euros.

As actividades do programa de conciliación desenvolveranse nas instalacións do pavillón municipal do Souto, en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

Para formalizar a inscricións, as persoas interesadas deberán cubrir a ficha, o anexo I (situación de ocupación e familiar) e as preceptivas autorizacións. Este documentos poden descargarse desde esta páxina. Unha vez cubertos deberán entregalos no Concello de Padrón, en horario de 9.00 a 12.00 horas.

Ademais da solicitude de inscrición, as persoas interesadas deberán presentar fotocopias cotexadas do DNI do pai/nai ou titor, do Libro de Familia e do Título de Familia Numerosa, de ser o caso. Tamén deberán entregar un documento que se xustifique a situación de ocupación. Se se trata de familias monoparental ou de familias numerosas tamén deberán presentar un documento acreditativo da devandita condición. Do mesmo xeito, deberán presentar documento acreditativo aqueles núcleos de convivencia nos que figuren persoas dependentes ou con discapacidade.

No caso de non cubrirse a totalidade de prazas dispoñibles por quenda, poderán entrar como usuarias do servizo as familias que non cumpran os requisitos básicos (que non estean empadroadas ou nas que ambos proxenitores/titores se atopen en situación de desemprego), sempre por orde de inscrición.

Unha vez admitido/a, o pago da cota correspondente deberá facerse na conta que o Concello de Padrón ten en CaixaBank: ES56 2100 2820 3202 0000 2727.

Para máis información, as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Servizos Sociais de Padrón ou chamar ao teléfono 981 81 70 25, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Descarga as bases aquí: (PDF)

Descarga o formulario de inscrición aquí: (PDF)

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…