Preto de 140 rapaces e rapazas participaron na exhibición de clausura das escolas deportivas municipais do curso 21-22, celebrada no Pavillón Grupo Escolar de Padrón o martes 21 de xuño.
O público asistente constatou os progresos dos deportistas noveis e aplaudiu con forza as exhibicións de tenis, xadrez, atletismo, fútbol sala, baloncesto, patinaxe artística, ximnasia rítmica e motricidade.
Ao remate da exhibición, a concelleira de Deportes Lorena Couso presidiu a entrega de medallas.
As fotografías da gala pódense consultar na páxina de Facebook municipal, neste enlace: https://acortar.link/7kD5LR