Novas recentes
O alcalde e a concelleira de Cultura presidiron onte os actos // As obras pictóricas poderán verse ata o día 14 de novembro no auditorio // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, inaugurou onte a exposición do pintor ferrolán Pedro Castro Couto coa que Padrón se reencontra coa Galicia medieval. A mostra forma parte dun proxecto que inclúe tamén un concerto, una unidade didáctica para alumnado da ESO e unha conferencia sobre castelos, que pretende achegar á veciñanza a unha “época moi colorista, porque a Idade Media non foi unha etapa escura, como poderíamos pensar”, aseguraron Fernández Angueira e…
A iniciativa cultural inaugurase o 3 de novembro coa exposición de pintura de Pedro Castro Couto e o concerto do Grupo Medievalium Gallaecia // Haberá unha conferencia sobre castelos medievais o día 10 de novembro e presentarase unha unidade didáctica para o alumnado de Secundaria sobre esta época histórica // O Concello destaca a importancia do proxecto ao achegar unha visión do medievo dende unha óptica multidisciplinar // Novembro arrinca con forza en Padrón e o fai cunha proposta singular na que a historia será a protagonista. A través do programa Reencontro coa Galicia Medieval, o Concello de Padrón propón…
Os deseños de Ana Pérez, Mateo Chayán, Blanca Rocha, Violeta Taboada, Sara Castro e Sara González imprimiranse en cuncas conmemorativas // Os máis de 450 traballos recibidos encherán os escaparates dos comercios, bares e restaurantes da vila durante o mes de novembro // Xa hai nomes gañadores do II Certame de debuxo do 25N co que o Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, volve implicar ao alumnado de Primaria nas actividades de sensibilización coas que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o 25 de novembro. Os debuxos premiados son os…
O concurso está dirixido ao alumnado de secundaria dos centros educativos de Rois e de Padrón // O obxectivo é implicar a mozas e mozos na prevención, a visibilización e a denuncia da violencia de xénero // O Centro de Información á Muller Terras de Iria, en colaboración cos concellos de Rois e Padrón, promove un certame de TikTok entre o alumnado de secundaria dos dous municipios no marco das actividades coas que conmemorará o 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. O concurso, que ten como obxectivo a sensibilización de mozas e mozos fronte á violencia…
O grupo está formado por unha ducia de participantes de distintas idades e conta con figuras femininas significativas da contorna vinculadas ao traballo e coidado da terra // A primeira sesión incidiu sobre as consecuencias do cambio climático, a transmisión de saberes e prácticas respectuosas co medio // A iniciativa parte de Feitoría Verde e conta coa implicación da Oficina de Voluntariado de Padrón e o co-financiamento do Concello // A emerxencia climática é unha realidade á que non podemos dar as costas e as mulleres poden _e deben_ xogar un papel determinante na loita contra o cambio climático nas…
Os alcaldes Antonio Fernández e Ramón Tojo destacan que por primeira vez ofrecen unha programación coordinada || O auditorio roisense acollerá os espectáculos de outubro || A capital do Sar tomará o testigo en novembro e decembro || A oferta teatral sobresae nun programa que inclúe concertos, exposicións ou conferencias || O desexo de ampliar o número de espectáculos e o tipo de propostas para reforzar a oferta cultural levou aos concellos de Padrón e Rois a unir os seus esforzos e a deseñar por primeira vez unha programación coordinada para o último trimestre do…
O Concello que preside Antonio Fernández recibirá unha achega de 145.000 € da Unión Europea // Administracións locais, entidades da sociedade civil e persoas mozas de 16 países debateran sobre o sentido de pertenza á UE e o reforzo da identidade europea en tempos de crise // O proxecto, enmarcado no programa CERV 2021-2027, desenvolverase ao longo dun ano e medio en cinco reunións temáticas e en cinco localidades europeas diferentes // Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea, ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía da UE, os valores comúns, reforzar o entendemento mutuo a través…
O programa de envellecemento activo para maiores de 50 anos inclúe unha ampla oferta de actividades // Retómase o ximnasio e inclúense novas propostas formativas como hipopresivos, patchword, bordado, ganchillo, encaixe de Camariñas e un curso de manexo de APP de bancos e caixeiros automáticos // Visitas culturais, encontros de ATEGAL, conferencias, obradoiros e cursos de curta duración complementan o programa que se fai extensivo ao rural // As clases arrincan o 17 de outubro e finalizarán o 31 de maio de 2023 // As Aulas Sénior de Padrón, xestionadas por ATEGAL, en colaboración co Concello de Padrón, veñen de…
O día 12 abre o prazo de matrícula só para persoas empadroadas no municipio e a partir do día 19 para todo o público Nesta edición contémplase xa a nova ordenanza de cotas aplicadas na inscrición O curso comezará o 26 de setembro O Concello de Padrón vén de facer público a ampla oferta deportiva para o curso 2022-23 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Unha proposta deportiva que comezará a súa andaina o 26 de setembro e que este ano retoma á normalidade, despois das dúas últimas tempadas marcadas polas restricións e os…
Unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos // As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 543 992 // Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Padrón esta semana, gracias á colaboración entre Xunta e Concello de Padrón. O xoves día 8, o venres día 9 e o luns día 12, unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos, para desenvolver…