Novas recentes
Dúas rapazas gaditanas e unha sevillana uníronse aosdemais corredores // Foi un dos eventos máis agardados e seguido das festas do Santiaguiño // Participaron 16 animais na carreira // O burro ‘Platero’ coroouse como gañador do derbi, e ‘Pinta’ levou o premio á mellor morfoloxía animal // Padrón celebrou onte pola tarde o seu tradicional Derbi Asnal tras dous anos sen poder organizalo a causa da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Como era de esperar nun dos pratos fortes da festa do Santiaguiño, a expectación entre veciños e turistas era máxima: 16 participantes recorreron un circuíto montado no casco histórico…
Pode ser de alimentación ou de artesanía e a petición deberá entregarse no Rexistro do Concello // O Concello de Padrón decidiu ampliar ata o 19 de agosto o prazo de presentación de solicitudes para poñer un posto de alimentación ou artesanía na Feira Medieval que se desenvolverá do 2 ao 4 de setembro nas rúas do casco histórico. As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e, xunto con toda a documentación requerida, entregala no Rexistro do Concello. A participación poderá facerse con dous tipos distintos de postos: Alimentación: aqueles postos que vendan comida ou bebida. Artesanía: para a…
O presidente da Xunta recibe o premio ‘Padrón, Berce do Xacobeo’ e é nomeado Peregrino de Honra O alcalde, Antonio Fernández, destaca no Día do Peregrino o labor do titular da Xunta na promoción de Galicia e do Xacobeo O Concello de Padrón entregoulle onte ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o premio Padrón, Berce do Xacobeo, unha distinción que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño. O acto, celebrado na igrexa parroquial de Santiago, enmárcase na celebración do Día do Peregrino. O titular da Xunta agradeceu a distinción…
Este festival súmase por primeira vez á celebración da festa do Santiaguiño do Monte con cinco días de concertos gratuítos // O público miúdo contará coa súa propia festa o luns pola tarde // Roi Casal pechará un programa ao que volve o Gran Derbi Asnal // O Santiaguiño Fest Week, festival que se suma por primeira vez á celebración da festa do Santiaguiño do Monte con cinco días de concertos, arrincará este xoves 21 de xullo coa actuación de Vella Escola e Esperanza Mara. Música folk e urbana destaca nun programa que continuará ata o luns e que conta…
Roteiros en bicicleta, xogos na piscina, multideporte e subida ao Santiaguiño do Monte, actividades centrais // A excursión ao Aquapark de Cerceda e ao parque multiaventura Galipark de Rois complementan o programa de conciliación // Un total de 60 nenos e nenas participan na segunda quenda do Campus Deportivo organizado polo Concello de Padrón que arrincou este mércores, día 13, e que se prolongará ata o venres, 29 de xullo. Entre as actividades programadas ao longo destas dúas semanas atópanse os roteiros en bicicleta polo municipio de Padrón e a súa contorna. Estas saídas fanse cada mércores e requiren…
O programa musical, enmarcado nas Festas do Santiaguiño do Monte, celebrarase do 21 ao 25 de xullo en diferentes escenarios || Vella Escola e Esperanza Mara darán o pistoletazo de saída ao cartaz con ‘Ópera Breaks’, un espectáculo que funde ópera, breakdance, beatbox e DJ || A música tradicional galega virá da man de Roi Casal e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre || Monolious DOP, Sebastian Black, Astray, o DJ Marcos Magán e o Gran Derbi Asnal figuran no programa || O Concello de Padrón celebrará este xullo por primeira vez o Santiaguiño Fest Week,…
A vila padronesa celebrará o Día do Peregrino na igrexa de Santiago o vindeiro mércores 20 de xullo // O alcalde, Antonio Fernández, destaca o labor do presidente da Xunta na promoción do Xacobeo // O Concello de Padrón distinguirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como Peregrino de Honra. O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, entregaralle esta distinción o vindeiro mércores, 20 de xullo, nun acto que se desenvolverá na igrexa parroquial de Santiago para celebrar o Día do Peregrino. Con esta efeméride, Antonio Fernández lembra que Padrón lle rende homenaxe aos milleiros de camiñantes que visitan a vila…
As inscricións realizaranse entre o 11 e o 21 de xullo, ambos os dous días inclusive || Haberá premios de 100 €, 80 € e 60 € máis trofeo para os tres primeiros clasificados || Establécese un premio especial á mellor morfoloxía dotado con 50 € e trofeo || O Concello gratificará con 40 euros ao dono de cada animal participante e con 20 euros a cada xinete || O Concello de Padrón vén de facer públicas as bases que rexerán o Gran Derbi Asnal 2022, unha cita senlleira que reúne edición tras edición a…
Participaron representantes de 18 países nas sesións de traballo celebradas en Cracovia no marco do programa Europe for Citizen / Antonio Fernández Angueira considera que a integración dos migrantes representa un desafío das capacidades institucionais de integración a nivel europeo / O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, considera que a inmigración representa un desafío do desenvolvemento das capacidades institucionais a nivel europeas a medio e longo prazo. Así o manifestou durante a súa intervención esta fin de semana en Cracovia nun encontro europeo que xuntou a representantes de 18 países dentro do programa Europa for Citizen. Fernández Angueira…
As instalacións permanecerán abertas ata o 4 de setembro, en horario de 14.00 a 21.00 horas, de luns a domingo || Establécense bonos de 20 entradas a 30 euros, para o público xeral, e de 10 euros para familias numerosas, xubilados, pensionistas e rapaces e rapazas de 14 a 17 anos || O Concello programa 3 sábados especiais para nenos e nenas de 4 a 12 anos das distintas parroquias, con servizo de autobús || As instalacións da piscina municipal descuberta da Escravitude (Padrón) abren hoxe as súas portas e o farán ata o 4 de setembro, en horario…