Novas recentes

O festival acolle a xornada de portas abertas, con ata vinte actividades, entre as 11.00 horas e a medianoite na Horta, na Casa-Museo e no auditorio  //  O alcalde de Padrón, Anxo Arca, subliña o carácter “transversal” do programa e afirma que a cita supón “un dos grandes eventos culturais que se celebran no noso municipio” //      A Fundación Rosalía de Castro de Padrón celebra o vindeiro 15 de xullo o festival ‘Abride a Fiestra’ coincidindo co 138 aniversario do pasamento da autora galega. O programa desta quinta edición inclúe diferentes manifestacións culturais da man de artistas como…
A Oficina Municipal de Voluntariado Xuvenil de Padrón abre ata este venres, día 30 de xuño, o prazo de inscrición de novos/as voluntarios/as. A convocatoria é aberta a toda a mocidade entre os 16 e os 30 anos con vocación de servizo e ganas de colaborar nos programas ou eventos organizados dende as distintas áreas municipais así como das asociacións locais. A Oficina Municipal de Voluntariado traballa en diferentes ámbitos que abranguen dende a dinamización do Camiño do Santiago, as redes sociais ou a colaboración co tecido asociativo da vila sempre fomentando valores en prol da igualdade e a convivencia.…
O alcalde Anxo Arca e a concelleira Mariló Saco desfrutaron entre o público da exhibición na praza da Igualdade //  O centro conta con preto de 80 alumnos e alumnas de entre 6 e 70 anos //    A Escola de Música Municipal de Padrón, que conta con preto de 80 alumnos e alumnos de entre 6 e 70 anos, pechou o curso 2022-23 cun acto de clausura no que se amosou todo o aprendido nos últimos meses nas diferentes disciplinas. A praza da Igualdade acolleu un acto que redundou no talento e aptitude dos nenos e nenas do centro…
O pavillón grupo escolar acolleu a clausura do curso 22-23 //  A cita incluíu unha exhibición das diferentes disciplinas e a entrega de medallas a todos os participantes //    As escolas deportivas municipais do Concello de Padrón pecharon este xoves, 22 de xuño, o curso 2022-23 cun acto que se celebrou no pavillón polideportivo do grupo escolar. Gran parte dos 160 nenos e nenas que desfrutaron das diferentes actividades propostas ao longo dos últimos meses amosaron o aprendido e desfrutaron dunha tarde de xogos, convivencia e agasallos.   Dende as 16.30 horas sucedéronse as exhibicións de tenis, xadrez, atletismo,…
20 de xuño de 2023 O Concello de Padrón publica as listaxes de nenas e nenos admitidos no campus deportivo de verán 2023, que se poden consultar nestes enlaces: Admitidos/as na primeira quenda (PDF) Admitidos/as na segunda quenda (PDF) 29 de maio de 2023 O Concello de Padrón organiza este verán un novo campus deportivo para rapazas e rapaces de entre 6 e 15 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. O campus, que se desenvolverá en dúas quincenas entre o 26 de xuño e o 28 de xullo, ten un…
“Hoxe comeza un novo tempo para Padrón no que poremos en marcha un novo proxecto deseñado para mellorar a calidade de vida da veciñanza”, subliñou na súa primeira intervención como alcalde // No pleno de constitución contou co apoio do BNG, poñendo fin a doce anos de goberno do Partido Popular // O edil aplaudiu a maioría absoluta de mulleres da nova Corporación, unha presencia que “redundará nunha mellora do proceso de toma de decisións e na calidade das mesmas” // O anterior rexedor do PSdeG foi Camilo Forján, quen exerceu entre 2007-2011 //       Anxo Rei Arca…
Carmina Bustelo agradece a participación e implicación das persoas participantes. “Sodes un exemplo para nós e as vindeiras xeracións”  ||   A concelleira recorda que en Irlanda representantes doutros países amosaron o seu interese por coñecer o funcionamento das Aulas sénior padronesas  ||   A vicepresidenta de Ategal destacou a forte aposta do actual equipo de goberno para apoiar este iniciativa, que leva 30 anos en Padrón  ||   A concelleira de Participación Cidadá, Carmina Bustelo, clausurou esta maña o curso das Aulas Ategal de Padrón, que acaban de facer 30 anos e son as máis numerosas de Galicia, ao contar con…
A cita contará de novo cun obradoiro de pandeiro cadrado e a presenza de artesáns // Celebrarase na Praza de Macías a partir das 20.30 horas //  A xornada rematará coa degustación dunha merenda ofrecida polo Concello //    O Concello de Padrón colabora coa A.F.C. O Pedrón na organización do XIV Festival Folclórico do Pedrón que se celebra este sábado, día 10 de xuño. A partir das 20.30 horas, a Praza de Macías acolle a actuación da Banda de Gaitas Vega de Espinareda, procedente do Bierzo, así como dos grupos A Mamoa de Luou, Armadanzas de Laraño, e dos…
“O ano pasado foi Asnot quen cambiou a data para o sábado seguinte ao Santiaguiño e a carreira de burros, para ter máis días de festa”, aseguran as concelleiras de Cultura e Festexos  ||   “Este ano volveron cambiar a data sen preguntarlle ao Concello e esixían exclusividade e que non se celebrara ningún outro festival esa fin de semana”, engaden  ||   Só en facturas o Concello asumiu en 2022 un gasto de 10.000 euros, ao que hai que engadirlle todo o persoal que estivo colaborando con Asnot e a loxística que se lles facilitou  ||     O Concello de…
O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galega cunha dobre actividade, deportiva e cultural. Unhas 120 persoas participaron no Día da Bicicleta, facendo un percorrido de 16 quilómetros polo municipio, mentres outro grupo descubría cos Quinquilláns algúns dos segredos da vida da poeta Rosalía de Castro. O Día da Bicicleta comezaba ás 10.00 horas cunha visita ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo das persoas que se inscribiron con antelación. Logo, no Espolón, mentres se completaba a inscrición das 120 persoas participantes, nenos e nenas amosaban as súas habilidades nunha xincana. O grupo tomaría a saída sobre…
Páxina 15 de 63

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…