Novas recentes

Participaron máis de 1.160 atletas de todas as categorías, o que coloca a vixésima edición no top3 canto a participación Tere Parrado e Víctor Ramos foron os máis rápidos na 5K, que se celebrou por primeira vez Catrocentos menores participaron nas categorías escolares O alcalde e a concelleira de Deportes felicitaron a todos os participantes durante a entrega de premios Sandra Mosquera, do Comesaña Spórting Club, con 0.36.35, e Pablo Otero Fariña, do SG Pontevedra, con 0.31.25, foron os gañadores absolutos da vixésima Padrón 10K, que xuntou a máis de 1.160 atletas de todas as categorías, colocando esta edición no…
Esta certificación recoñece o seu elevado valor natural e de conservación, así como a información e as visitas que ofrece // A concelleira Lorena Couso salienta que este novo recoñecemento servirá para impulsar o turismo e o coñecemento do parque entre a veciñanza // Dende o pasado mes de xaneiro, o Xardín Botánico Artístico de Padrón suma aos seus innumerables recoñecementos a certificación Observer para espazos singulares. Tal e como subliña a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “trátase dun selo de calidade que recoñece tanto o seu alto valor natural como o seu óptimo estado de conservación ou…
A concelleira de Deportes subliña que a deste ano sitúase no top3 de todas as edicións polo volume de participantes // As catro da tarde tomarán a saída os máis novos, ás 16.45 horas comeza a 5k e ás 17.30 a carreira de dez quilómetros // O concello limita a circulación de tráfico e aparcamento nas rúas que forman parte do circuíto // Lorena Couso: “Debemos garantir a seguridade de todas as persoas participantes e o bo desenvolvemento da proba” // Os cortes ao tránsito de vehículos afectarán ao Campo do Souto, as rúas Travesía da Feira, Agro do Medio,…
Rexedor e concelleira de Servizos Sociais mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación // Antonio Fernández destaca que “Padrón é unha vila con familias comprometidas e acolledoras e este compromiso vai en aumento” // Preto dunha ducia de familias manifestaron o seu interese por participar no programa // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Belén Luezas, mantiveron esta mañá unha xuntanza con Carmen Dourado, traballadora social e directora de Acougo, e representantes das familias acolledoras. O obxectivo foi reafirmar o compromiso de colaboración do Concello con Acougo e coas familias do municipio…
Antonio Fernández Angueira: “É a mellor forma de renderlle unha homenaxe a un dos mellores embaixadores que ten o noso pobo”||  O acordo foi aprobado no Pleno por unanimidade de todos os grupos||   A praza coñecida como “Travesas” pasa agora a levar o nome do ilustre periodista radiofónico intimamente vinculado a padrón||   Castaño: “Faime moita ilusión, porque é a praza na que xogaba de pequeno e onde comezaron todos os sonos”||   Pepe Domingo Castaño xa ten unha praza co seu nome no casco histórico de Padrón, a vila na que se criou e que tanto ten promocionado nos programas de…
O xurado, presidido pola concelleira de Cultura Lorena Couso, recoñece o seu traballo na produción ‘O porco de pé’ (2022) O fallo destaca a traxectoria de Vázquez no teatro e o seu “sólido compromiso coa escena galega” Lorena Couso: “O galardón aproxímase ao cuarto de século de vida cunha vixencia espléndida” O xurado do XXII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, presidido pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, concedeulle este prestixioso galardón á actriz Patricia Vázquez. Á compostelá recoñéceselle o seu traballo na produción O porco de pé, da compañía Excéntricas Producións, así como a súa longa traxectoria…
“Queremos que o visitante, sexa cal sexa o seu perfil, saiba que este é o seu destino”, sinala a concelleira Lorena Couso //  Une o Padrón xacobeo, literario, natural e gastronómico, así como os negocios de hostalaría e comercio, para atraer visitantes // ‘Padrón. Camiño e destino’ é o lema da renovada marca coa que o Concello padronés se está a promocionar na actualidade e que, baixo os epígrafes Padrón Xacobeo, Padrón Literario, Padrón Natural, Padrón Gastronómico e Padrón Hostalaría e Comercio, aglutina todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da súa historia, patrimonio, gastronomía ou…
A Oficina de Turismo atendeu de xeito individual a 31.556 persoas, un 62% máis que no último exercicio antes da pandemia A metade das consultas foron feitas por peregrinos Entre os turistas destacaron os portugueses, italianos e alemáns Lorena Couso: “Os datos referendan o traballo do Concello na promoción turística do municipio”   O Concello de Padrón incrementou en preto dun 250% o número de Pedronías entregadas ao longo do pasado Ano Santo Extraordinario respecto ás emitidas no último exercicio prepandémico. Segundo recolle a Memoria anual de Turismo de Padrón relativa ao exercicio 2022, o Concello expediu un total de…
Lorena Couso: “O goberno local fixo un esforzo incrementando os premios e incentivando a participación de asociacións e centros educativos do municipio con 200 euros de gratificación”  ||   Establécense seis categorías distintas, cada unha con tres premios en metálico  ||   O desfile celebrarase o 25 de febreiro, sábado de piñata  ||   As inscricións pódense facer no Centro Social ata o 23 de febreiro  ||     O Concello de Padrón repartirá máis de 5.400 euros en premios no concurso de disfraces do Entroido 2023 que se celebrará o 25 de febreiro, sábado de piñata, durante o desfile que comezará ás…
O certame está organizado polo Concello de Padrón e o CIM // Nesta terceira edición haberá dúas modalidades, a individual, con 7 recoñecementos, e a colectiva, cun só nomeamento // As candidaturas deberán enviarse ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 29 de xaneiro //  Lorena Couso: “Queremos resaltar o papel das mulleres padronesas que son un referente social na loita pola igualdade e na eliminación de estereotipos sexistas” // O Concello de Padrón e o Centro de Información á Muller (CIM) veñen de dar a coñecer as bases que rexerán a terceira edición dos recoñecementos Rumorosas 2023. Trátase duns galardóns que…
Páxina 16 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…