Novas recentes

Gran parte das nenas e dos nenos repetiron experiencia polas aldeas en ata catro actividades diferentes // Sumáronse á iniciativa familias completas con avós, avoas e netos incluídos // As concelleiras Lorena Couso e Carmina Bustelo destacan que “a iniciativa gustou moito e que o Nadal rulou por todo o municipio” // Máis dun centenar de nenos e de nenas participaron nas sete xornadas do Nadal Rula organizado polo Concello de Padrón nas vacacións de Nadal para levar a maxia destas datas a todo o municipio e facer partícipe á veciñanza do rural. Así o deron a coñecer esta mañá…
Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron as peticións do público infantil no Campo do Souto e agasallaron aos nenos con lambetadas e agasallos // O alcalde destaca o éxito da cabalgata e agradece a colaboración das persoas e entidades participantes que a fixeron posible // Tarde máxica a vivida hoxe en Padrón. Expectación, nervios e moita, pero moita ilusión, era a que reflexaban os rostros das numerosas nenas e nenos congregados nas rúas do casco histórico de Padrón ante a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. A cabalgata de Reis 2022, que recupera despois destes últimos anos a…
O alcalde, Antonio Fernández, salienta que o convenio asinado polo Goberno local coa Xunta permitirá instalar novas estacións de bombeo en Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso // As obras contan cun orzamento de 940.000 euros // En datas próximas comezarán os traballos de ampliación da rede de saneamento de Padrón que permitirán eliminar os verquidos ao río Ulla coa habilitación dunha serie de novos colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A Consellería de Infraestrutuas e Mobilidade anunciou hoxe que, a través de Augas de Galicia,…
A comitiva iniciará o percorrido polo casco histórico dende a rúa Real para finalizar no Campo do Souto // As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao nenos Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal // Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer as rúas de Padrón o xoves, 5 de xaneiro, pola tarde. A comitiva real chegará á vila ás 17.00 horas e comezará o seu percorrido polo casco histórico dende a Rúa Real, visitarán a igrexa de Santiago onde as Súas Maxestades visitarán o Belén vivinte e realizarán a ofrenda ao neno Xesús. Finalizada a ofrenda, a cabalgata achegarase…
Nas dúas carreiras poden participar atletas federados e non federados // Tamén se disputarán outras catro probas dirixidas a escolares // As inscricións están abertas ata o 1 de febreiro en www.emesports.es // Padrón volverá converterse o sábado 4 de febreiro nunha festa para todas as persoas amantes do atletismo. Atletas federados e non federados poderán participar na vixésima edición da 10K, que este ano, xunto á carreira de dez quilómetros, contará como principal novidade cunha proba homologada de cinco quilómetros. O prazo de inscricións, gratuítas para escolares e cun custo de 7 euros para o resto das categorías, xa está…
O xurado valora “a creación dunha voz narrativa propia” na obra premiada, que leva por título ‘No son los lobos’ // A concelleira de Cultura sinala que os 141 relatos presentados a concurso demostran “a dimensión que acadou este galardón, que xa traspasa con moito as fronteiras da nosa Comunidade” // O zaragozano José Ignacio Domingo Regidor coa obra No son los lobos proclamouse gañador da trixésimo segunda edición do Premio Literario Camilo José Cela, convocado polo Concello de Padrón. Presentáronse a concurso un total de 141 relatos procedentes de toda España, unha cifra que, de acordo coa concelleira de…
Alcalde e concelleira de Cultura destacan o alto nivel de participación desta edición e a creatividade das decoracións // Na categoría de establecementos, o restaurante Mundos e o salón de peiteado canino Vaia Pelos, álzanse co segundo e terceiro premio // A EEI de Pontecesures leva o segundo premio á decoración realizada por centros educativos // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, entregaron o pasado martes, 20 de decembro, os premios do concurso de decoracións Nadal na rúa 2022 aos gañadores desta edición. Os vencedores indiscutibles desta edición foron o café bar…
No certame participaron a Coral do Colexio de Avogados de Pontevedra, a Coral Polifónica de Betanzos e a Coral Polifónica Padronesa  ||   O Concello agasallou a cada unha das entidades participantes  ||   Manuel Bastoy, presidente da coral padronesa, entregoulle un ramo de rosas á concelleira Lorena Couso  ||   Festival de Panxoliñas de Padrón reuniu onte pola tarde, no auditorio municipal, a tres agrupacións corais: o Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra, a Coral Polifónica de Betanzos e a anfitrioa, a Coral Polifónica Padronesa. O festival, que rematou a súa trixésimo cuarta edición coa interpretación conxunta de Adeste Fidelis, marcou…
A actuación, na que participan tres agrupacións corais, terá lugar no auditorio municipal // O concerto de Nadal, da Banda Municipal de Música de Padrón, e o Festival de ximnasia rítmica, complementan a oferta da fin de semana // O arrecendo da maxia e da ilusión do Nadal xa está presente nas rúas de Padrón. A capital do Sar abre esta fin de semana a súa programación lúdico festiva e de ocio; unha programación que terá tanto o sábado como o domingo á música como protagonista.  O auditorio municipal de Padrón acollerá este sábado, 17 de decembro, a trixésimo cuarta…
A iniciativa desenvolverase do 26 de decembro ao 4 de xaneiro // Para poder participar é preciso anotarse no Centro Social // Lorena Couso: “Queremos facer partícipe á veciñanza do rural, por iso a Rula aterrará cada día nunha parroquia enchéndoa de talleres, xogos e actividades” //   O Concello de Padrón quere levar este ano o espírito destas datas ás parroquias do municipio coa iniciativa O Nadal Rula, para que pequenos e maiores poidan compartir xogos, contos, aventuras e talleres coa axuda da Rula. Coincidindo coas vacacións escolares, o paxaro deseñado por David Orihuela viaxará de parroquia en parroquia…
Páxina 17 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…