Novas recentes

José Miñoñes asegura que a iniciativa do Goberno central estenderase a 1.600 puntos do Camiño ao seu paso por Galicia  ||   O alcalde agradece a visita das autoridades para presentar unha medida “que axuda a solucionar necesidades reais da sociedade”  ||   A campaña responde ao aumento da presenza de mulleres no Camiño, que xa superan aos homes  ||   O Goberno pon a disposición das peregrinas en Galicia 20.000 carteis e 32.000 cartóns en tres idiomas coa información de emerxencia e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops  ||     O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu ao ministro de…
O rexedor padronés cobrará menos que o seu predecesor //  Chus Campos, Ana Castro e José Luis Mariño serán membros da Xunta de Goberno Local e tenentes de alcalde //  Aprobada a creación dunha praza de persoal eventual como xefa de gabinete da alcaldía //  Os plenos pasan a celebrarse o último xoves de cada mes ás 20.00 horas //  A Corporación de Padrón aprobou no pleno de organización desta mañá asignar as dúas dedicacións exclusivas do equipo de goberno ao alcalde, Anxo Arca, e ao concelleiro de Deportes, Mercado e Praza de abastos, José Luis Mariño. As catro concelleiras…
O mestre e solista inglés fixo vibrar o venres co seu bombardino ao público presente no paseo do Espolón  ||   Jesús Fernández, que se xubila en outubro, comezou a tocar na Banda de Padrón e foi o primeiro galego en formar parte da Sinfónica Municipal de Madrid  ||    Como homenaxe ao percusionista de Dodro, a agrupación dirixida por Jan Cober estreou o pasodobre ‘Jefper’  ||    O alcalde Anxo Arca entregoulle agasallos aos protagonistas dos dous concertos  ||       Padrón converteuse esta fin de semana en epicentro da música de banda con dous concertos que fan historia na vila. O venres, o solista inglés…
O goberno local amosou a súa preocupación polo aumento do discurso de odio na lectura do manifesto institucional //  Comprométese a impulsar políticas locais de diversidade encamiñadas á eliminación da LGTBIfobia e a fomentar que todas as persoas poidan vivir sen medos e en liberdade //  O rexedor estivo acompañado polas concelleiras Chus Campos, Mariló Saco, e Laura Horta e polo concelleiro Luis Mariño //  O concerto de tributo a Queen puxo o colofón aos actos do Día do Orgullo LGTBI+ //    O alcalde de Padrón, Anxo Arca, comprométese a impulsar políticas locais que eliminen a LGTBIfobia e a…
Haberá contacontos, torneos de loita e o domingo un espectáculo de lume na praza de Macías  ||   O venres están programadas dúas visitas guiadas, a trobadoresca e a da Traslatio  ||     O Concello de Padrón recupera a Feira Medieval, que do 7 ao 9 de xullo encherá o casco histórico da vila con actuacións musicais, de loitas corpo a corpo, obradoiros de oficios para todas as idades e un espectáculo de lume. Máis de 70 postos animarán o mercado medieval, que se poderá visitar dende as sete da tarde do venres ata a medianoite; o sábado de 11.00 a 14.00 e…
O festival acolle a xornada de portas abertas, con ata vinte actividades, entre as 11.00 horas e a medianoite na Horta, na Casa-Museo e no auditorio  //  O alcalde de Padrón, Anxo Arca, subliña o carácter “transversal” do programa e afirma que a cita supón “un dos grandes eventos culturais que se celebran no noso municipio” //      A Fundación Rosalía de Castro de Padrón celebra o vindeiro 15 de xullo o festival ‘Abride a Fiestra’ coincidindo co 138 aniversario do pasamento da autora galega. O programa desta quinta edición inclúe diferentes manifestacións culturais da man de artistas como…
A Oficina Municipal de Voluntariado Xuvenil de Padrón abre ata este venres, día 30 de xuño, o prazo de inscrición de novos/as voluntarios/as. A convocatoria é aberta a toda a mocidade entre os 16 e os 30 anos con vocación de servizo e ganas de colaborar nos programas ou eventos organizados dende as distintas áreas municipais así como das asociacións locais. A Oficina Municipal de Voluntariado traballa en diferentes ámbitos que abranguen dende a dinamización do Camiño do Santiago, as redes sociais ou a colaboración co tecido asociativo da vila sempre fomentando valores en prol da igualdade e a convivencia.…
O alcalde Anxo Arca e a concelleira Mariló Saco desfrutaron entre o público da exhibición na praza da Igualdade //  O centro conta con preto de 80 alumnos e alumnas de entre 6 e 70 anos //    A Escola de Música Municipal de Padrón, que conta con preto de 80 alumnos e alumnos de entre 6 e 70 anos, pechou o curso 2022-23 cun acto de clausura no que se amosou todo o aprendido nos últimos meses nas diferentes disciplinas. A praza da Igualdade acolleu un acto que redundou no talento e aptitude dos nenos e nenas do centro…
O pavillón grupo escolar acolleu a clausura do curso 22-23 //  A cita incluíu unha exhibición das diferentes disciplinas e a entrega de medallas a todos os participantes //    As escolas deportivas municipais do Concello de Padrón pecharon este xoves, 22 de xuño, o curso 2022-23 cun acto que se celebrou no pavillón polideportivo do grupo escolar. Gran parte dos 160 nenos e nenas que desfrutaron das diferentes actividades propostas ao longo dos últimos meses amosaron o aprendido e desfrutaron dunha tarde de xogos, convivencia e agasallos.   Dende as 16.30 horas sucedéronse as exhibicións de tenis, xadrez, atletismo,…
20 de xuño de 2023 O Concello de Padrón publica as listaxes de nenas e nenos admitidos no campus deportivo de verán 2023, que se poden consultar nestes enlaces: Admitidos/as na primeira quenda (PDF) Admitidos/as na segunda quenda (PDF) 29 de maio de 2023 O Concello de Padrón organiza este verán un novo campus deportivo para rapazas e rapaces de entre 6 e 15 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. O campus, que se desenvolverá en dúas quincenas entre o 26 de xuño e o 28 de xullo, ten un…
Páxina 3 de 52

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…