Novas recentes

O Concello de Padrón destina un total de 229.083,67 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego en Padrón e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos, a través da financiación de gastos correntes. O alcalde de Padrón explicou que “dadas as actuais circunstancias dende o Executivo que dirixo consideramos imprescindible dotar de ferramentas e recursos aos nosos empresarios…
A concellaría de Turismo do Concello de Padrón desenvolve un proxecto para recompilar contos, lendas, ritos, costumes, usos sociais, actos festivos, coñecementos ancestrais ou técnicas de artesanía. Dende este departamento queren compoñer un banco de historias, no que se recolla toda a tradición oral que vive na memoria da cidadanía desta vila. O obxectivo é que todo ese patrimonio cultural inmaterial e vivo non se perda e que poida trasladarse ás futuras xeracións imprimindo un sentimento de identidade e de continuidade social. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explica que “a iniciativa pretende reunir toda a información para xerar documentos…
A entrega do XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva da o pistoletazo de saída ao programa do ‘Outono Cultural’, cuxa programación se prolongará ata o mes de decembro. O alcalde de Padrón entregou esta tarde o galardón ao actor Miguel de Lira pola súa traxectoria e pola súa aportación á escena galega. A decisión de outorgar o Premio a Miguel de Lira foi tomada por unanimidade polo xurado, que valorou especialmente a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da…
O Concello de Padrón vén de adxudicar a obra do alumado e sinalización dun tramo de 400 metros do Camiño de Santiago na zona de Cruces no Concello de Padrón á empresa Roomelservice S.L. Este contrato adxudicouse por valor de 14.886,73 euros con IVE, e está financiado a través dun convenio coa Axencia Galega de Turismo. Estas obras pretenden proporcionar unha iluminación axeitada a cada zona para obter a máxima seguridade, tanto viaria como peonil, e promover o progreso e desenvolvemento da comunidade. O alcalde de Padrón explicou “a relevancia deste tipo de adxudicacións para seguir avanzando e, sobre todo,…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta financiará con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade. A residencia estará situada na contorna da Azucarera, nunha parcela de titularidade municipal que conta con 6.000 metros cadrados. O espazo ocupará 3.000 metros cadrados e, en principio, ofertará un total de 59 prazas. O alcalde de Padrón explicou que a residencia dotará dun novo servizo para as persoas da terceira idade en toda a comarca de Padrón e sinalou que…
Manter a seguridade da cidadanía é a prioridade do Concello de Padrón, por iso as actividades das aulas da terceira idade quedan adiadas en función da evolución da pandemia da Covid-19. As previsións iniciais apuntaban a que as actividades comezarían no mes de novembro tras abrir a matrícula o día 9 de outubro, pero polo de agora non hai unha data e os usuarios e usuarias non terán que realizar ningún pago ata que avance a situación. As persoas asistentes a este tipo de clases representan, pola súa idade, grupos de risco fronte á Covid-19, por iso dende o Concello…
Nas vindeiras semanas, o Concello de Padrón fará unha ampla aposta pola cultura cun programa que comezará o día 30 de outubro ás 19:00 horas coa protección de ‘Eroski Paraíso’ do Grupo Chévere no Auditorio Municipal de Padrón. No mesmo espazo terán lugar todas as actividades planeadas para as seguintes fins de semana. O sábado 31 de outubro tamén ás 19:00 horas Culturactiva presenta ‘Papar sen cancelas’. O venres 13 de novembro ás 19:00 horas a agrupación Cantigas e Agarimos presenta o seu espectáculo ‘Danza 3’. O sábado 14 de novembro ás 19:00 horas, Talía Teatro presenta ‘A primeira vez’.…
O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas instalacións deportivas municipais, de cara a potenciar o seu uso entre a cidadanía e co obxectivo de que sexan máis accesibles e seguras. Os traballos comezaron durante estas semanas nas pistas de tenis de Iria, nas que se corrixiron desniveis e irregularidades, se pintou, se mellorou o perímetro e nas que se iniciou un proxecto de iluminación. O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, sinalou que “as actuacións nas instalacións deportivas realízanse de xeito periódico, posto que dende o executivo local priorizamos a seguridade dos nosos veciños, especialmente, na situación na que…
O Concello de Padrón pon en valor a todas as persoas que durante o estado de alarma estiveron confinadas nos seus fogares para frear a curva de contaxios da pandemia da Covid-19. Para facelo, dende a concellaría de Turismo veñen de editar un libro no que recompilan as imaxes que os padroneses e padronesas publicaron no marco da campaña #PadrónNaCasa, desenvolta a través das redes sociais. As fotografías son parte da testemuña do día a día da poboación durante este período, ao igual que reflexan as lecturas escollidas como medio de entretemento neste tempo. As imaxes son tamén unha ollada…
O sábado ás 18:00 horas os padroneses e padronesas teñen unha cita co arte na Casa de Rosalía en Padrón. A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a pasarela “Cando todos os camiños ían a Compostela. Os traxes do camiño”, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021. Trátase dunha mostra itinerante organizada en diferentes concellos polos que transcorre o Camiño Portugués: Mos, Barro, Portas, Padrón e Santiago. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, agradece a esta Asociación e a Casa Rosalía a iniciativa, que pon en valor o Camiño de Santiago e a Pedronía, así…
Páxina 39 de 57

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…