Novas recentes
A participación está aberta a todas as persoas maiores de 6 anos // A programación inclúe unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo // Padrón celebrará o mércores 17 de maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas, o Día da Bicicleta 2023 cunha marcha de 15 quilómetros con xincana infantil nas que poderán participar todas aquelas persoas maiores de 6 anos que así o desexen (os menores de 11 anos, na compaña dunha persoa adulta). As inscricións realizaranse o mesmo día da proba nunha carpa que se habilitará no Paseo do Espolón, punto de saída e meta,…
O libro, escrito polo antigo conservador do xardín, aborda a historia, cultura, arte, natureza, vida e funcionalidade deste espazo histórico dende unha óptica interdisciplinar ao servizo da ciencia e da sociedade || Editado polo Concello de Padrón, contribúe a poñer en valor un dos símbolos máis sobranceiros con máis de século e medio de vida || Rodríguez Dacal: “Ser o artífice e responsable de ‘Xardín Botánico-Artístico de Padrón’ éncheme de orgullo e de satisfacción” || Asistiron á presentación as concelleiras de Cultura, Lorena Couso, e a de Participación Cidadá, Carmina Bustelo || O auditorio municipal de Padrón acolleu esta tarde…
Os traballos de retirada, identificación, clasificación e pesado de residuos contaron coa participación de máis de 150 persoas, entre as que se atopaban voluntarios e voluntarias de Amicos e escolares dos CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia O alcalde de Padrón enmarca esta actuación na "aposta do Concello pola sensibilización ambiental desde as idades máis temperás" Escolares de Padrón participaron hoxe, xoves 27 de abril, nunha acción de sensibilización dirixida por voluntarios de Amicos e organizada en colaboración co Concello de Padrón. A xornada arrincou nas inmediacións do campo municipal do Souto e transcorreu pola senda verde do Río…
A programación de Padrón Literario iníciase este sábado 29 de abril con paradas teatralizadas pola Ruta Rosaliana // A Fundación Cela abrirá gratuítamente entre o 11 e o 19 de maio, ademais de ofrecer concertos e xogos para escolares // As Letras Galegas celebraranse cunha visita á zona vella na compaña de Rosalía e as actuacións de Pablo Castaño e as corais polifónicas de Padrón, Pontecesures e Zamazáns de Vigo // Unha ruta polos lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro fixará este sábado 29 de abril o comezo das actividades de Padrón Literario, a cita…
O colectivo celebrou o domingo de Pascuilla a súa 46ª xuntanza anual na que entregou as insignias de ouro e placas conmemorativas || Os actos incluíron á ofrenda ás estatuas de Rosalía e Cela || Numeroso público presenciou os tradicionais fogos de Pascua e tamén participou no espectáculo Duende Ecuestre do sábado || Os grupos folclóricos locais, o Certame de Bandas e a orquestra Olympus poñen onte o broche de ouro a unhas Festas de Pascua moi concorridas || Padrón pechou onte as súas festas de Pascua, ás que este ano volveron asistir milleiros de persoas, dándolle protagonistas ás agrupacións…
As persoas interesadas teñen ata o 25 de abril para anotarse, de xeito gratuíto, na web de Padrón Turismo, seleccionando un dos 4 puntos de saída || A ruta transcorrera polos lugares que marcaron a vida e a obra de Rosalía || Haberá visitas guiadas, teatralizadas e música de zanfona e xantar libre en Padrón || Os concellos de Padrón, Dodro, Ames e Brión programan para o sábado 29 de abril unha saída conxunta pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o…
Hoxe celebraron o último acto conxunto da presente lexislatura || Antonio Fernández Angueira agradece o traballo dos concelleiros que non se presentan ás vindeiras eleccións municipais || Sánchez Bugallo destaca o crecemento do tecido industrial de Padrón que xera dinamismo e melloras para a toda a comarca || Os membros das corporacións padronesa e compostelá foron recibidos polas bandas de ambos municipios || Padrón e Santiago volveron renovar o acto de irmandade durante o día que as Festas de Pascua lle dedican á capital de Galicia. Os dous alcaldes reiteraron o compromiso de seguir colaborando conxuntamente…
O campo da Barca estivo toda a mañá ateigado de xente para participar na feira || Oitenta exemplares de toda a comunidade competiron nos concursos morfolóxicos organizados polo Concello e Puraga || O concerto da Banda Municipal de Música na praza de Macías foi seguido por centos de veciños e visitantes || O desfile dos xigantes e cabezudos acompañados polo grupo folclórico San Pedro de Carcacía animaron as rúas dos casco antigo || A feira de maquinaria agrícola tamén contou con numerosos visitantes || Padrón volveuse converter este Domingo de Pascua no centro…
O actor e humorista loubou unha das festas máis tradicionais de Galicia e lembrou anécdotas que o vinculan coa capital do Sar || Despois dos pregón comezaron dous dos concertos máis esperados este ano e que encheron as rúas de xente: Dorian e Álvaro de Luna || O grupo local Unión y Fuerza estreou na súa terra o novo escenario nunha verbena tamén moi concorrida || A feira cabalar e os concursos morfolóxicos serán mañá outro dos pratos fortes || Padrón deu onte o pistoletazo de saída a semana grande das súas Festas de Pascua…
Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os mellores atletas locais e Jesús Bernal, con 75 anos, o de máis idade || Máis de 350 menores participaron nas categorías escolares, as que congregaron máis público nas rúas do casco antigo || Martina López Gestal e Manuel Lorenzo López foron os gañadores absolutos da 42ª Carreira Popular de Pascua coa que Padrón comeza un dos días grandes das Festas de Pascua. A edición desta ano desta proba popular volveu estar mói concorrida, con máis de 580 atletas participando nas diferentes categorías, dos que 350 competiron nas probas escolares.…