Novas recentes

A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura. O xurado destaca “a descarada voz narrativa que rompe as fronteiras do relato para dirixirse a un xurado ‘real’ ao que provoca, esixe…
O Concello de Padrón vén de iniciar as obras de mellora do camiño de Queiruga a Escravitude, na parroquia de Cruces. Uns traballos nos que o Departamento de Vías e Obras, que dirixe José Ramón Pardo Andrade, inviste 48.784,78 euros para mellorar a capa de rodaxe deste camiño e mellorar a súa seguridade a través da realización de 95 m2 de sobreanchos. Tras a correspondente limpeza de gabias a ambas marxes do viario, hoxe comezouse coa mellora da capa da rodaxe ao longo dos seus 801 metros de lonxitude. “Aplicaremos unha capa de aglomerado en quente de seis centímetros de…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e a concelleira de Voluntariado, Lorena Couso, asistiron á derradeira sesión por este ano dos Libros Viaxeiros, celebrada o pasado venres na biblioteca do Convento do Carme. O libro analizado nesta ocasión foi “La música del viento”, de Jordi Sierra i Fabra, un canto á esperanza ante o gran reto de erradicar definitivamente a explotación infantil. Libros Viaxeiros é unha iniciativa posta en marcha pola Oficina Municipal de Voluntariado de Padrón, en colaboración coa asociación de persoas con discapacidade intelectual AMIPA. O seu obxectivo é a integración social da poboación con diversidade funcional e…
A Concellería de Deportes do Concello de Padrón, en colaboración con Vermú Petroni e o club Atletismo Sar, organizan a cuarta edición da Carreira San Silvestre Solidaria Vermú Petroni Concello de Padrón. Unha proba que terá lugar o martes 31 de decembro, ás 17:00 horas, con saída e chegada no Campo do Souto (Praza de Abastos), e cuxas inscricións poden facerse dende hoxe e ata as 23:59 horas do domingo 29 de decembro na web: www.emesports.es. O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez Conde, lembra que “a proba ten un carácter solidario e o seu obxectivo é recoller alimentos para as…
O CIM de Padrón abre a inscrición no obradoiro “Ferramentas para a vida: alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais”, unha iniciativa que terá lugar o vindeiro martes 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, na aula de informática do Centro Social. Un obradoiro formativo incluído no Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural. A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4), chamando ao 611 003 472 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural está organizado polo Concello de Padrón,…
  A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, informou hoxe que a Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) está a retomar a iniciativa "Libros Viaxeiros" tralo éxito colleitado durante o primeiro semestre do ano. Con tal fin, nos vindeiros días abrirase un novo período de inscrición para que aqueles establecementos interesados en colaborar poidan facelo. Cómpre lembrar que este proxecto, que a Oficina do Voluntariado desenvolve en colaboración coa asociación de persoas con discapacidade intelectual AMIPA, persegue o dobre obxectivo de promover a integración social da poboación con diversidade funcional e discapacidade intelectual da comarca, ademais de actuar como estratexia…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, aproveitou a súa presenza na localidade italiana de Gaggi, no marco do proxecto Citizens together for sharing our Common Heritage, para divulgar e promocionar os valores e o potencial turístico, histórico, cultural, industrial e gastronómico do municipio padronés. O rexedor padronés participou neste congreso xunto cos seus homólogos de Holloko (Hungría), Obsthina Mezdra (Bulgaria), Safi (Malta), e Obec Glabusovce (Eslovaquia).  Esta cita, financiada polo programa europeo Irmandamento de Cidades, permitiu darlle visibilidade á relevancia de Padrón como berce da tradición xacobea, así como destacar o seu protagonismo no ámbito literario por ser…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez Conde, presentaron esta semana xunto co directivo do Club de Montaña Vértice Hugo Arias Álvarez o III Trail Vila de Padrón "Desafío Vértice", que pasado mañá sábado reunirá a preto de medio milleiro de atletas nos montes da contorna de Padrón para disputar dúas probas puntuables para a Copa de Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montaña. Este trail constará dunha proba cun percorrido de 21 quilómetros e doutra cun percorrido de 13 quilómetros. Ambas realizarán unha saída conxunta ás 17.00 horas desde a…
  A Concellaría de Turismo de Padrón está a traballar na elaboración dunha nova aplicación web para promocionar o Camiño de Santiago da Pedronía -de Compostela ata Padrón- mediante a divulgación de información sobre o seu patrimonio cultural a través de mapas interactivos que permitan percibir esta ruta de peregrinaxe "con tódolos sentidos e desde a alma e para a alma". Este proxecto denominado "Creando consciencia coa Pedronía" desenvólvese ao abeiro das axudas do programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo. Baixo a coordinación da empresa Latexos de Turismo, a primeira fase do proxecto consistirá na…
  A carballeira do convento da parroquia padronesa de Herbón acollerá mañá sábado a celebración da súa XLI Festa do Pemento, declarada de Interese Turístico de Galicia e na que a comisión organizadora preparará máis de 1.000 kilogramos de pementos fritidos, que se repartirán nunhas 3.000 racións. A programación de actividades comezará ás 9.00 horas cun tradicional pasarrúas a cargo do grupo de gaitas "Os Mersenarios" e da charanga "DGT". A continuación, ás 10.30 horas está programada unha misa campestre e ás 11.00 horas inaugurarase a festa, dando paso ás 11.30 horas á tradicional procesión agrícola motorizada, cuxos tractores participantes…
Páxina 45 de 54

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…