Novas recentes

A Comisión de coordinación para a seguridade e o benestar cidadá polo COVID-19 reuniuse onte para abordar e organizar o traballo dos distintos organismos municipais na xestión desta crise sanitaria. O obxectivo deste grupo é facilitar a cooperación dos distintos equipos que operan e interveñen no municipio en relación co Real Decreto 8/2020, mediante o cal o Executivo estatal declarou o estado de alarma para afrontar a situación de emerxencia sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19.  A Comisión, presidida polo Alcalde do Concello de Padrón, está conformada polo Concelleiro de Emerxencias de Padrón, o Xefe en funcións da Policía…
O DOG recolle hoxe a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación durante a situación de suspensión do servizo de comedor a consecuencia do COVID-19, con levantamento dos plazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). A quen vai dirixido? A todas as familias cuxos fillos e fillas fagan uso do comedor escolar, e que non pagan ou pagan 1 €. Por tanto, aqueles que aboen unha cantidade de…
O BOE publicou hoxe o Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas que traballan por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19. Máis información e documentación Aquí podes consultar a resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade…
O Concello de Padrón suspende a celebración das Festas da Pascua de 2020 en base ao establecido no Real Decreto 463/2020 mediante o que se declara o estado de alarma pola crise sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19. No Real Decreto especifícase a obrigación de suspender as verbenas, os desfiles e as festas populares. En consecuencia tamén se suspende o procedemento de licitación para o outorgamento das licenzas de uso das parcelas de dominio público municipal no Campo do Souto e no Paseo do Espolón e rúas próximas para a instalación de atraccións feirais.  A resolución farase pública no…
Un dos xardíns máis antigo de Galicia é o Xardín Botánico Artístico de Padrón, malia que a data exacta da súa orixe é descoñecida, a súa existencia aparece recollida nun documento de 1869, polo que en 2019 celebrouse o seu 150 aniversario. E o Concello de Padrón quere poñer en valor este espazo no que se atopan preto de 300 especies diferentes. Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “o patrimonio da vila de Padrón é moi rico, como demostra este xardín, e por tanto hai que traballar intensamente na súa promoción e no seu coidado”. Así, dende o último…
No marco das VI Xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón, o Concello de Padrón organiza o Concurso de Empanadas de lamprea o venres 20 de marzo. Esta cita gastronómica terá lugar o venres 20 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Padrón. O obxectivo desta convocatoria é poñer en valor un dos produtos máis típicos da gastronomía padronesa, cuxa empanada en timbal ten unha gran tradición na vila. No concurso cada participante terá que elaborar unha empanada de lamprea, e será o Concello o que proporcione lamprea a cada un dos cociñeiros. A concelleira de Turismo, Lorena Couso,…
O Concello de Padrón convoca o XXXI Premio Literario Camilo José Cela, o prazo para enviar os relatos, que deben ter entre 12 e 25 páxinas a letra 12 Arial e con dobre espazo en word, remata o 15 de xullo de 2020. O xurado emitirá o seu veredicto antes do 31 de decembro de 2020. Para coñecer máis detalles do concurso narrativo consulta con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   
‘Rosalías da vida’ é o título da acción principal polo Día Internacional da Muller que o Concello de Padrón realizará con Ames, Dodro, Santiago e Brión. Trátase dunha xornada para conmemorar a todas aquelas mulleres que loitaron polos seus dereitos e pola igualdade. A andaina organizada polos cinco concellos ten como protagonista a Rosalía de Castro pois considerase como precursora do movemento feminino en Galicia por ser unha gran defensora dos dereitos das mulleres e pola súa reivindicación do papel feminino nun momento moi complicado. A saída dende Padrón está prevista para ás 09:30 horas dende a Praza Rodríguez Cobián.…
A Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Padrón deseñou un extenso programa para o mes de marzo, que inclúe actividades culturais, gastronómicas e deportivas para conmemorar distintas datas e enxalzar produtos tan típicos como a lamprea. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que dende o departamento que dirixe loitan por “poñer en valor os nosos produtos gastronómicos e por incrementar a oferta e as accións culturais e literarias da vila, posto que cremos firmemente no potencial da nosa vila”. O pistoletazo de saída darao a andaina do 8 de marzo polo Día Internacional da Muller, unha iniciativa…
O Concello de Padrón estreou xa a nova oficina do servizo de orientación laboral, situada no baixo do Centro Social. A nova localización mellora as condicións de accesibilidade para que todas aquelas persoas con mobilidade reducida poidan achegarse sen ningunha dificultade e ser beneficiarios dos servizos prestados por esta unidade. Ademais as novas instalacións permitirán prestar unha mellor atención a todos os usuarios deste servizo. O alcalde de Padrón sinalou que “estas novas instalacións mellorarán un servizo importante para a cidadanía padronesa”. Así, a partir de hoxe a oficina estará situada no edificio do Centro Social da rúa Souto número…
Páxina 50 de 62

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…