Novas recentes
Eduardo Rodríguez Cunha, gañador do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva
Os membros do xurado do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que convoca o Concello de Padrón e que ten unha dotación económica de 1.200 euros, unha estatuiña de Maruxa Villanueva e un diploma, acordaron hoxe concederlle este galardón a Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán". Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático…
Festexos lembra que o prazo de pagamento dos postos autorizados da Pascua remata o venres
O concelleiro de Festexos de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, lembra aos titulares das atraccións e instalacións feirais autorizadas para as Festas da Pascua que o prazo de pagamento da taxa pola utilización das parcelas adxudicadas no período 2017-2020 remata o vindeiro venres, tal e como recolle o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o pasado día 23. Para efectuar o pagamento, os titulares das autorizacións deberán ingresar o importe correspondente na conta do Banco Sabadell IBAN: ES82 0081 2281 9500 0100 0309, facendo constar obrigatoriamente o nome do adxudicatario, o seu DNI ou CIF, a zona…
O Convento do Carme acollerá a "I Expo-Feira de Plantas de Colección" os días 17 e 18 de febreiro
O recinto do Convento do Carme acollerá os vindeiros días 17 e 18 de febreiro a celebración da I Expo-Feira de Plantas de Colección, promovida pola Concellería de Cultura e Turismo de Padrón para complementar a xa consolidada Exposición da Camelia e do Bonsái, que alcanza este ano a súa quinta edición. A concelleira Lorena Couso anticipou hoxe que a I Expo-Feira de Plantas de Colección é "un evento pioneiro e único en Galicia", que xa ten confirmada a participación de varios expositores desta rexión e tamén de Santander, do País Vasco, de Madrid, de Valencia, de Sevilla e…
O alcalde reúnese co director xeral de Carreteras para urxir a mellora da travesía da N-550
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse esta semana no Ministerio de Fomento co director xeral de Carreteras, Jorge Urrecho Corrales, para urxir a execución do proxecto de mellora da travesía da estrada N-550, que comprende a avenida de Pontecesures desde a ponte sobre o río Ulla e a parte inicial da avenida de Compostela. Fernández Angueira, que aproveitou a súa viaxe a Madrid para presentar na Feira Internacional de Turismo (Fitur) a ruta "As pegadas de Rosalía", acudiu á reunión acompañado polo concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, e pola deputada popular pola provincia da Coruña Marta…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Ames, José Miñones, e Brión, José Luis García, presentaron hoxe en Madrid na Feira Internacional de Turismo (Fitur) unha nova ruta turística denominada "As pegadas de Rosalía" que invita aos visitantes a coñecer diferentes escenarios vitais da poetisa. No acto de presentación tamén interviron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. Este itinerario cultural, configurado a partir dunha ruta orixinal ideada polo intelectual dodrense Avelino Avuín de Tembra, está concebido para que os turistas…
A humanización da Praza da Leña inicia unha batería de obras con máis de 800.000 euros de investimento
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, supervisaron esta mañá o inicio das obras de humanización da Praza da Leña, que comezou a executar a empresa Construcciones Iglesias Mera e que suporá un investimento superior aos 31.000 euros. Antonio Fernández Angueira salientou que este proxecto marca o inicio da execución dunha batería de obras que se acometerán nos vindeiros meses, tanto no centro urbano como no rural, e que suporán un investimento conxunto superior aos 800.000 euros. No caso concreto da humanización da Praza da Leña, o alcalde indicou que a…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Ames, José Miñones, e Brión, José Luis García, presentarán o vindeiro venres en Madrid na Feira Internacional de Turismo (Fitur) un proxecto conxunto dunha Ruta Rosaliana denominado "As pegadas de Rosalía". Esta iniciativa, que pretende achegar a vida de Rosalía de Castro a toda a poboación, desenvolve un itinerario cultural a partires dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra e que une os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Padrón e Dodro. Dito itinerario está concebido para que os usuarios poidan…
O concelleiro de Persoal de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, vén de activar o proceso administrativo para a elaboración dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) que permita "adaptar a actual estrutura de persoal ás necesidades reais do concello para ser máis eficaces na atención aos padroneses e na prestación dos servizos públicos". Despois de avaliar ata cinco alternativas diferentes, Ángel Rodríguez mantivo en días pasados unha primeira reunión co responsable da empresa J&L-T Consulting, Fernando Tudó, que será a encargada de dirixir e tutelar todo o proceso a través dunha asistencia técnica. Esta firma, que ten implantación a nivel…
A USC colabora co Concello na actualización do padrón fiscal da taxa de recollida do lixo
O concelleiro padronés Javier Guillán informa que o seu departamento está a realizar unha revisión exhaustiva do padrón fiscal da taxa de recollida do lixo en colaboración con técnicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Segundo explica, este labor de actualización das unidades fiscais está xustificado porque "levaba certo tempo sen realizarse" e porque "temos constancia de que hai tanto particulares como negocios que se están a beneficiar do servizo da recollida e xestión de residuos sen abonar a correspondente taxa". "Por responsabilidade e equidade fiscal, o xusto para os contribuíntes que si están a cumprir co…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, mantivo hoxe no consistorio unha reunión de traballo coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, para coñecer de primeira man as diferentes liñas de apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás administracións locais. Neste encontro, Covadonga Toca adiantou que esta mesma semana sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas nas que o Goberno autonómico investirá preto de 7 millóns de euros para a contratación de 1.420 desempregados nos concellos de Galicia. Por un lado, a consellería destinará 5,7 millóns de euros para a contratación de…