Novas recentes

O sábado 3 de febreiro celébrase a proba organizada polo Concello de Padrón As inscricións están abertas ata as 23:59 horas do mércores 31 de xaneiro  Os participantes gozarán dun desafío único mentres percorren un itinerario que destaca a beleza do municipio e os seus arredores   A XXI Padrón 10K volverá congregar o sábado 3 de febreiro á comunidade atlética asentada xa como un dos eventos máis destacables da axenda deportiva de Galicia. A cita, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a todas as persoas,…
O gañador recibirá 1.500 euros, un diploma e a publicación na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón Poderán presentarse obras inéditas en galego cunha extensión mínima de 400 versos A data límite para enviar os traballos é o 15 de marzo  O Concello de Padrón convoca a décimo edición do Certame Poético Rosalía de Castro co obxectivo de promover a poesía galega e homenaxear á figura da escritora galega máis universal. O prazo de presentación dos traballos finalizar á o 15 de marzo. A participación no concurso está aberta a calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade.…
Os Reis Magos iniciaron o amplo percorrido dende a N-550 As Súas Maxestades cumpriron coa tradición de visitar o Belén vivinte e realizar a ofrenda ao neno Xesús na igrexa parroquial de Santiago O alcalde Anxo Arca xunto a Corporación municipal recibiron a comitiva na casa consistorial A festa rematou co reparto de doces e agasallos no polideportivo do Souto As Súas Maxestades de Oriente encheron de ilusión as rúas do Concello de Padrón nesta xornada do 5 de xaneiro tan especial para a cativada. Con nervios e sobre todo moita expectación, as nenas e os nenos agardaron a chegada…
Con motivo da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o 18 de febreiro de 2024, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, o Concello de Padrón expón ao público as listas do Censo Electoral entre os días 1 ao 8 de xaneiro de 2024, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais. Mediante este trámite vostede poderá consultar a súa inscrición no censo electoral para exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións. O lugar de exposición e consulta…
O alcalde de Padrón realizou a ofrenda a Santiago nunha cerimonia da Traslatio presidida por monseñor Julián Barrio  ||   Pediu máis solidariedade e respecto a todas as persoas e lembrou a quen sofre as consecuencias da guerra de Palestina  ||    O acto, que conta con carácter oficial dende 1646, conmemora o traslado dos restos do Apóstolo dende Palestina a Iria Flavia  ||       O alcalde de Padrón, Anxo Arca, renovou hoxe os votos da vila padronesa co Apóstolo na tradicional cerimonia da Traslatio coa que se conmemora o traslado do corpo de Santiago o Maior dende Palestina ata…
O Goberno Municipal saca adiante os primeiros orzamentos aprobados en tempo e forma  ||   Increméntanse as subvencións ás asociacións de carácter social, deportivas e culturais  ||     O Pleno de Padrón aproba por primeira vez en tempo e forma os orzamentos. O alcalde explicou que “a diferenza do anterior goberno municipal, priorizamos a aprobación para non perder ningunha liña de financiamento externa de cara a 2024”. O orzamento ascende nesta ocasión a 10.076.000€, superando sensiblemente o orzamento anterior. En relación ás subvencións nominativas, inclúense novas entidades sociais e culturais que ata agora non o estaban, como a Asociación…
A cabalgata partirá da N-550 ás 17.00 horas  As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao neno Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal O percorrido rematará no polideportivo do Souto co encontro coa cativada Xa queda menos para que as Súas Maxestades de Oriente visiten Padrón. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán o vindeiro venres 5 de xaneiro as rúas do concello nunha cabalgata que inclúe cambios no seu percorrido con respecto a outras edicións. A comitiva real chegará á vila está prevista para as 17.00 horas pola N-550 para compartir sorrisos, ilusión e sobre todo moita maxia entre a cativada…
O alcalde Anxo Arca e concelleira Chus Campos repartiron os premios entre os elixidos Na categoría de establecementos, o Café Bar Século XX e o Café Bar Botánico acadaron o segundo e o terceiro posto A EEI de Pontecesures leva o segundo premio á decoración realizada por centros educativos O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Comercio e Turismo e Festas, Chus Campos, entregaron os premios do concurso de decoración Nadal na rúa 2023 aos gañadores desta edición. O vencedor na categoría de establecementos foi a Farmacia Noelia Mayo, que acadou un…
A selección das 100 persoas beneficiarias xa está en marcha O obxectivo é mellorar a empregabilidade mediante información, orientación e asesoramento O compromiso de inserción é dun mínimo do 37% O alcalde Padrón, Anxo Arca, participou este luns 18 de decembro na presentación do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2023/2024 xunto ao resto dos representantes políticos dos municipios que integran esta iniciativa. Ademais de Dodro, Padrón, Rois, Valga e Pontecesures, incorporase nesta edición Catoira en substitución de Rianxo. O PIE ofrece neste curso 100 prazas cunha financiado da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego…
Asistiron aos seminarios de ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ celebrados no mes de xuño no centro social  ||   A vicerreitora Pilar Murias destacou a súa actitude por aprender e animounos a seguir participando nesta iniciativa  ||   A concelleira Mariló Saco recolleu as credenciais no Paraninfo da Universidade  ||   Veciñas e veciños de Padrón que se matricularon este curso no Programa universitario para maiores de 50 anos Camiños de coñecemento e experiencia da Universidade de Santiago acudiron este martes ao paraninfo da USC a recoller os seus diplomas. O alumnado padronés que participou no IV Ciclo estivo acompañado pola concelleira de Educación…
Páxina 8 de 62

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…