Novas recentes

O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galegas cunha actividades deportiva e cultural. Nesta última, Os Quinquilláns Teatro fixeron unha visita teatralizada polo casco histórico da vila chamada Camiño branco de Rosalía. Guiados polo pintor Modesto Brocos (Gabriel Penabade Outeiro), o único que a pintou en vida, a vintena de persoas participantes foron descubrindo algúns dos lugares frecuentados por Rosalía de Castro (Tero Rodríguez) e descubrindo algunhas anécdotas da vida da escritora.  “Trátase dunha viaxe de Rosalía para descubrir o Padrón de hoxe e as súas xentes”, explicaron os actores. Unha viaxe que comezou en Fondo de Vila e rematou…
En total son catro propostas distintas, dúas a cargo dos Quinquilláns e as restantes protagonizadas por Suso Martínez || O Concello programa para o Día das Letras Galegas a primeira escenificación do ‘Camiño branco de Rosalía’, que terá outros catro pases entre xuño e outubro || Suso Martínez protagoniza catro sesións do ‘Chronicón iriense’, de xuño a setembro, e outros cinco de ‘A Traslatio’ en xullo, agosto e outubro || ‘Macías e Elvira. Tres camiño, tres destinos’ volve ao Xardín Botánico o 17 de xuño, o 28 de xullo e o 25 de agosto || Todas os pases comezan ás…
O xurado definiu o poemario como “un texto de fondo carácter unitario e ben estruturado que ofrece unha visión de Compostela na que o autor sabe incluír un eu esgazado”  ||   Ao certame promovido polo Concello de Padrón presentáronse un total de 18 traballos  ||     Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), é o gañador da novena edición do certame poético Rosalía de Castro promovido polo Concello de Padrón coa súa obra Konpostela. O xurado, reunido esta mañá no Concello, definiu o poemario gañador como un “texto de fondo carácter unitario e ben estruturado…
Padrón dispón de tres prazas na quenda que vai do 16 ao 21 de xullo || As solicitudes deberán presentarse no Concello ata o 7 de xuño || A Deputación da Coruña abre mañá, mércores 10 de maio e ata o 7 de xuño, o prazo para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2023, que se celebrarán nas instalacións do instituto Rosalía Mera, na Coruña. Están dirixidos a rapazada de nada entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, é dicir, entre 9 e 14 anos cumpridos no presente ano.  Ao Concello de Padrón…
A Coral Val do Sar presentou a súa nova directora, Iolanda Eiras || Jhonny Vergara lembrou a vida de Antonio Machín no seu espectáculo ‘Toda unha vida’ ||ç Como cada 6 de maio, o Concello de Padrón rendeu homenaxe ao seu patrón San Xoán do Raio. Os actos oficiais arrincaban coa tradicional procesión do santo dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago. A imaxe estivo acompañada durante o seu percorrido polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, membros da Corporación, veciñanza e o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Pedro de Carcacía. Tras a misa, os actos trasladábanse ao…
A participación está aberta a todas as persoas maiores de 6 anos // A programación inclúe unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo // Padrón celebrará o mércores 17 de maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas, o Día da Bicicleta 2023 cunha marcha de 15 quilómetros con xincana infantil nas que poderán participar todas aquelas persoas maiores de 6 anos que así o desexen (os menores de 11 anos, na compaña dunha persoa adulta). As inscricións realizaranse o mesmo día da proba nunha carpa que se habilitará no Paseo do Espolón, punto de saída e meta,…
O libro, escrito polo antigo conservador do xardín, aborda a historia, cultura, arte, natureza, vida e funcionalidade deste espazo histórico dende unha óptica interdisciplinar ao servizo da ciencia e da sociedade || Editado polo Concello de Padrón, contribúe a poñer en valor un dos símbolos máis sobranceiros con máis de século e medio de vida || Rodríguez Dacal: “Ser o artífice e responsable de ‘Xardín Botánico-Artístico de Padrón’ éncheme de orgullo e de satisfacción” || Asistiron á presentación as concelleiras de Cultura, Lorena Couso, e a de Participación Cidadá, Carmina Bustelo || O auditorio municipal de Padrón acolleu esta tarde…
Os traballos de retirada, identificación, clasificación e pesado de residuos contaron coa participación de máis de 150 persoas, entre as que se atopaban voluntarios e voluntarias de Amicos e escolares dos CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia O alcalde de Padrón enmarca esta actuación na "aposta do Concello pola sensibilización ambiental desde as idades máis temperás" Escolares de Padrón participaron hoxe, xoves 27 de abril, nunha acción de sensibilización dirixida por voluntarios de Amicos e organizada en colaboración co Concello de Padrón. A xornada arrincou nas inmediacións do campo municipal do Souto e transcorreu pola senda verde do Río…
A programación de Padrón Literario iníciase este sábado 29 de abril con paradas teatralizadas pola Ruta Rosaliana // A Fundación Cela abrirá gratuítamente entre o 11 e o 19 de maio, ademais de ofrecer concertos e xogos para escolares // As Letras Galegas celebraranse cunha visita á zona vella na compaña de Rosalía e as actuacións de Pablo Castaño e as corais polifónicas de Padrón, Pontecesures e Zamazáns de Vigo // Unha ruta polos lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro fixará este sábado 29 de abril o comezo das actividades de Padrón Literario, a cita…
O colectivo celebrou o domingo de Pascuilla a súa 46ª xuntanza anual na que entregou as insignias de ouro e placas conmemorativas || Os actos incluíron á ofrenda ás estatuas de Rosalía e Cela || Numeroso público presenciou os tradicionais fogos de Pascua e tamén participou no espectáculo Duende Ecuestre do sábado || Os grupos folclóricos locais, o Certame de Bandas e a orquestra Olympus poñen onte o broche de ouro a unhas Festas de Pascua moi concorridas || Padrón pechou onte as súas festas de Pascua, ás que este ano volveron asistir milleiros de persoas, dándolle protagonistas ás agrupacións…
Páxina 10 de 57

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…