Novas recentes

O goberno local solicita á Xunta que “denegue a autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e a implantación da industria de fibra téxtil” O alcalde, Anxo Arca, asevera que “o macroproxecto de Altri tal e como está plantexado constitúe un atentado contra o patrimonio natural de Padrón e de Galicia” “Continuaremos a defender o patrimonio natural e a saúde da cidadanía pese a quen lle pese”, subliña o rexedor O Concello de Padrón amosa o seu rexeitamento á implantación dunha macrocelulosa en Palas de Rei e presenta alegacións “en defensa da calidade da…
Esta medida dá resposta ao compromiso electoral do actual grupo de goberno e busca rematar coa precariedade existente A selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo levarase a cabo mediante o sistema de concurso O prazo de admisión de solicitudes remata o 26 de abril O proceso conta co apoio dos sindicatos e do comité de empresa O Concello de Padrón anuncia a convocatoria dos procesos de estabilización de emprego temporal para dar cobertura ás prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinario do 2022. Esta medida urxente para a redución da temporalidade no emprego público…
O obxectivo e divulgar tres sombreiros da tradición galega: o pucho, a monteira e o sasncosmeiro O concurso está dirixido a profesionais e aprendices e inclúe unha exposición das propostas nos comercios do casco histórico padronés O Concello de Padrón apoia do Premio de Sombreireiría Chapeu Contest que organiza a Asociación Cultural Asnot co obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega. Nesta primeira edición invítase a profesionais e principiantes a facer unha labor de investigación e presentar propostas para tres pezas moi distintivas do traxe tradicional galego: o pucho, a monteira e o sancosmeiro. Nos…
A cativada será a gran protagonista das citas organizadas con motivo da celebración do Día do Libro //  Ao contacontos ‘O xogo de Nano’ e aos obradoiros de arteterapia e pop up súmase o agasallo dun lapis infinito o martes 23 de abril //  As prazas son limitadas polo que se precisa inscrición previa //    O martes 23 de abril celébrase o Día do Libro, unha data especial que busca promover o amor pola lectura e a escritura, recoñecer o valor da literatura na cultura e renderlle homenaxe ao traballo dos autores. Na biblioteca municipal do Concello de Padrón…
O goberno local organizou a primeira edición deste certame que recoñece o labor das persoas que loitaron pola liberdade durante a Guerra Civil e a ditadura  ||   O alcalde Anxo Arca afirmou que se abre unha etapa de recoñecemento e de busca da verdade en Padrón e fixo “unha desculpa pública a toda as vítimas da represión franquista, ás súas familias e a todas as persoas que defenderon a liberdade e a democracia do noso pobo”  ||   O Xardín Botánico-Artístico foi o escenario deste tributo que incluíu a plantación dunha árbore da memoria e as actuacións da banda municipal de…
O goberno local busca ofrecer un recoñecemento ás persoas que loitaron pola liberdade durante a Guerra Civil e a ditadura  O acto celebrarase a partir das 17.00 horas no Xardín Botánico-Artístico  Incluirá a plantación dunha árbore da memoria e as actuacións da banda municipal de Padrón e do dúo de acordeóns Ad Libitum O vindeiro domingo 14 de abril, o Concello de Padrón conmemorará por primeira vez o Día da Memoria Democrática, un evento que busca concienciar á veciñanza sobre as profundas feridas que a sociedade sufriu durante a Guerra Civil e os corenta anos de ditadura e as súas…
As inscricións, abertas a todas as persoas interesadas, son gratuítas e poderán facerse no 677 347 259 ata o venres 19 de abril // O curso combina a formación presencial e en liña con visitas e prácticas // Consta de 35 horas lectivas, que se repartirán entre o 23 de abril e o 12 de xuño // O Concello de Padrón abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto de interpretación do patrimonio que ten como finalidade animar e axudar a persoas e empresas a crear un produto turístico centrado na vila padronesa e comezar a comercializalo. O curso, que…
O alcalde, Anxo Arca, e integrantes do goberno presiden os actos da Irmandade, que volven entregar os recoñecementos anuais  ||   Fixéronse ofrendas florais a Rosalía, Camilo José Cela e Pepe Domingo Castaño  ||   Numeroso público no certame que xuntou as bandas de Padrón, Touro e Caldas  ||   As orquestras Atenas e Marbella animaron as últimas verbenas tras os éxitos de público nos concertos do sábado de Celtas Cortos e Olympus  ||     Padrón despide este domingo unhas Festas de Pascua que amosaron a seu poder de atracción a pesares do mal tempo durante a última semana. Nun domingo de…
O asturiano que milita no club padronés gañou tamén as metas voantes  ||   Marc Torres quedou segundo e o ribeirense Alejandro Paz foi o terceiro clasificado  ||   O maillot de sprints especiais foi para Andrés Ripoll e o da montaña para Samuel Flores  ||   Ramón Fernández, en elite, e Marc Torres, en Sub-23, son os primeiros líderes da Copa Galicia  ||     O Club Ciclista Padronés Cortizo non deu tregua e impúxose con rotundidade na 61 edición da Clásica de Pascua ao conseguir os sete primeiros postos da clasificación xeral dunha proba na que Ramón Fernández foi o líder…
“Ademais de Rosalía ou Castelao temos vínculos económicos, culturais e o mar que compartimos”, asegurou o alcalde rianxeiro  ||   Anxo Arca volveu resaltar a importancia deste acto como un espazo para que políticos de diferentes ideoloxías poidan compartir fórmulas para mellorar a vida da cidadanía  ||       Padrón e Rianxo volveron estreitar os lazos de amizade que une a ambos pobos dende hai séculos no acto institucional do Día de Rianxo nas Festas de Pascua. “Ademais de Rosalía ou Castelao temos vínculos económicos, culturais e un mar que nos une”, resumiu o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, que asinou…
Páxina 1 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…