Print this page
-->

Fin de curso para as escolas deportivas municipais do Concello de Padrón

O pavillón grupo escolar acolleu a clausura do curso 22-23 // 

A cita incluíu unha exhibición das diferentes disciplinas e a entrega de medallas a todos os participantes // 

 

20230622 Padron clausura escolas deportivas municipais 15

As escolas deportivas municipais do Concello de Padrón pecharon este xoves, 22 de xuño, o curso 2022-23 cun acto que se celebrou no pavillón polideportivo do grupo escolar.

Gran parte dos 160 nenos e nenas que desfrutaron das diferentes actividades propostas ao longo dos últimos meses amosaron o aprendido e desfrutaron dunha tarde de xogos, convivencia e agasallos.

 

20230622 Padron clausura escolas deportivas municipais 37

Dende as 16.30 horas sucedéronse as exhibicións de tenis, xadrez, atletismo, baloncesto, fútbol sala, voleibol, ximnasia rítmica, patinaxe artística e motricidade.

Ao remate do acto entregáronse medallas a todos os participantes.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…