Print this page
-->

A OMV Xuvenil de Padrón abre o prazo de inscrición de novos/as voluntarios/as

A Oficina Municipal de Voluntariado Xuvenil de Padrón abre ata este venres, día 30 de xuño, o prazo de inscrición de novos/as voluntarios/as.

A convocatoria é aberta a toda a mocidade entre os 16 e os 30 anos con vocación de servizo e ganas de colaborar nos programas ou eventos organizados dende as distintas áreas municipais así como das asociacións locais.

A Oficina Municipal de Voluntariado traballa en diferentes ámbitos que abranguen dende a dinamización do Camiño do Santiago, as redes sociais ou a colaboración co tecido asociativo da vila sempre fomentando valores en prol da igualdade e a convivencia.

Os interesados poden informarse na OMV no centro de Servizos Sociais, a través do teléfono 981 817 025 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…