29 de setembro de 2023 ||
Faise pública a resolución da alcaldía pola que se anuncian as contratacións do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria.
A listaxe de contratacións pode consultarse no arquivo adxunto.
28 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as puntuacións totais definitivas das persoas candidatas a alumnado, persoal director, docente e administrativo do obradoiro de emprego de garantía xuvenil Terras de Iria.
Os documentos poden consultarse nos seguintes arquivos:
- Puntuación definitiva alumnado
- Puntuación definitiva persoal director/a
- Puntuación definitiva titor/a
- Puntuación definitiva persoal administrativo
- Puntuación definitiva mestre/a
25 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as puntuacións totais provisionais realizadas ao alumnado e ao persoal directoro obradoiro de emprego de garantía xuvenil Terras de Iria.
Os documentos poden consultarse nos seguintes arquivos:
25 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as puntuacións das entrevistas realizadas ao alumnado e ás persoas aspirantes ao posto de director/a do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria.
Así mesmo, fanse públicas as puntuacións provisionais totais para os postos de titor/a, mestre/a da especialidade de creación de páxinas web e persoal administrativo. Nestes casos, o prazo para presentar reclamacións remata o mércores 27 de setembro ás 14.00 horas.
Os documentos poden consultarse nos seguintes arquivos:
- Puntuación entrevista alumnado
- Puntuación entrevista persoal director/a
- Puntuación provisional titor/a
- Puntuación provisional persoal administrativo
- Puntuación provisional mestre/a especialidade creación páxinas web
22 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as puntuacións das entrevistas realizadas ás persoas aspirantes aos postos de titor/a, mestre e administrativo/a do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria.
Así mesmo, faise pública a convocatoria de entrevista para o alumnado, que se celebrará o 25 de setembro no salón de plenos de Rois a partir das 9.45 horas.
Os documentos pódense consultar nos seguintes arquivos: Puntuación entrevista titor/a - Puntuación entrevista mestre - Puntuación entrevista administrativo/a - Convocatoria de entrevista para alumnado
21 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as resolucións da alcaldía polas que se convoca para realizar a entrevista ás persoas aspirantes aos postos de director/a do e de mestre/a do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria.
As entrevistas para director/a realizaranse o venres 22 de setembro ás 9.00 horas no salón de sesión do Concello de Rois, mentres que as persoas aspirantes ao posto de mestre/a están convocadas ás 10.30 horas, na mesma data e no mesmo lugar.
As resolucións pódense consultar nos arquivos que se atopan nos seguintes enlaces: Entrevistas director/a e Entrevistas mestre/a
19 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as resolucións da alcaldía pola que se convoca para realizar as entrevistas ás persoas aspirantes aos postos de titores/as e a administrativos/as Xeral.
As entrevistas realizaram-se no salón de plenos do Concello de Rois o vindeiro xoves, 21 de setembro.
As resolucións pódense consultar nos arquivos que se atopan nos seguintes enlaces: Convocatoria administrativo/a e convocatoria titor/a
18 de setembro de 2023 ||
Faise público o nomeamento do grupo de traballo para a selección do persoal docente e alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2023 (Dodro, Padron, Rois) que está composto por persoal dos tres concellos.
Tamén se fai público o horario no que se van celebrar as entrevistas ao alumnado seleccionado pola oficina de emprego Santiago Norte. As entrevistas celebraras o 20 de setembro de 2023 no salón de sesións do Concello de Rois.
Estas documentos pódense consultar nos seguintes enlace: Nomeamento do grupo traballo (preme aquí) e os horarios das entrevistas ao alumnado (preme aquí).
14 de setembro de 2023 ||
Fanse públicas as bases para a selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio para o programa de emprego Xuventude Terras de Iria 2023 (Dodro, Padrón, Rois) para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuventil promovido polo Concello de Rois e conveniado cos concellos de Dodro e Padrón.
As bases pódense consultar no arquivo adxunto (preme aquí).
23 de agosto de 2023
O Concello de Padrón, xunto cos de Dodro e Rois, promove unha nova edición do obradoiro de garantía xuvenil Xuventude Terras de Iria, co obxectivo de facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas menores de 30 anos. Este obradoiro formará un total de 15 mozos e mozas durante un ano na confección e publicación de páxinas web.
O programa diríxese a persoas de 18 a 30 anos que estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Trátase dun obradoiro de nivel II, polo que se require tamén posuír o título de graduado en ESO ou equivalente.
As persoas interesadas en participar en Xuventude Terras de Iria 2023 (código IFCD0110) deberán anotarse antes do 31 de agosto de 2023 no Servizo Público de Emprego e no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cos códigos 320 (escolas taller), 330 (casa de oficios), 340 (taller de emprego) e 370 (outros programas de emprego formación dual).
O obradoiro Xuventude Terras de Iria 2023 está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e pola iniciativa de emprego xuvenil e programa operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.