Print this page
-->

A Deputación financia con 10.000 euros o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural en 2023

O Concello de Padrón recibirá unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2023.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 5 de xullo a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.

Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…