Print this page
-->

O Concello de Padrón sorteará este venres as seis prazas do campamento deportivo da Deputación

Este venres 31 de maio realizarase o sorteo das 6 prazas que lle corresponden a Padrón nos campamentos deportivos de verán que organiza a Deputación da Coruña.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, Padrón conta con máis solicitudes que prazas polo que, conforme á normativa, procederase á realización dun sorteo público para a adxudicación das mesmas.

A cita será no salón de plenos do Concello de Padrón este venres 31 de maio ás 11.00 horas.

A convocatoria do sorteo pode descargarse premendo nesta ligazón.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…