Print this page
-->

Mario Alfonsín, o participantes máis veterano no Día da Bicicleta de Padrón con 81 anos

A marcha non competitiva organizada polo Concello de Padrón xunta 80 persoas, a máis nova dun ano  ||  

Vannessa Loureiro gañou a bicicleta que sorteou o Concello  ||  

 

20240608 Padron Dia Bicicleta 80 participantes 41

O Concello de Padrón celebrou este sábado o Día da Bicicleta, cunha marcha non competitiva na que participaron 80 persoas de todas as idades. Mario Alfonsín, que acaba de cumprir 81 anos, foi o máis veterano en rematar os 15 km de percorrido. O máis novo, tiña un ano de idade.

Tras visitar as instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo e quentar pernas nunha xincana no paseo do Espolón, a comitiva comezou o percorrido de 15 quilómetros por Padrón, Extramundi, Iria, a desembocadura (onde estaba o punto de avituallamento) e as brañas de Lestrove. O concelleiro de Deportes, Luis Mariño, pechaba a comitiva.

Ao rematar, sorteáronse diferentes agasallos entre as persoas participantes que foron doados polas empresas colaboradoras. O premio estrela foi unha bicicleta BH que sorteou o Concello de Padrón e que gañou Vanesa Loureiro García.

Organizado pola Concellería de Deportes de Padrón, o Día da Bicicleta contou coa colaboración da Deputación da Coruña, Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario e Onnyx Eyewear.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…