Print this page
-->

O Concello de Padrón aproba o Plan municipal de prevención de defensa contra os incendios forestais

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 14 de outubro, o decreto do alcalde número 966/2024, de data 1 de outubro de 2024, polo que se aproba inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Padrón.

Durante o plazo de vinte (20) días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación no BOP, o plan sométese ao trámite de información pública. Durante este vinte días, calquera persoa poderá examinar o documento, así coma formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións.

Pódese consultar o texto íntegro do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Padrón na sección de Descargas desta páxina web (preme neste enlace) así como nas oficinas municipais da planta baixa do Concello de Padrón situado en rúa Longa, número 27, 15900 Padrón, A Coruña, en horario de nove (9,00) a catorce (14,00) horas de luns a venres.

Enlaces de interese:

Consulta o anuncio no BOP da aprobación inicial do Plan (preme aquí).

Consulta íntegro o Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Padrón (preme aquí).

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…