-->

O Concello de Padrón impulsa a rehabilitación da Praza de Abastos para convertela nun referente gastronómico e turístico

  • O proxecto contempla unha nova oficina de turismo con espazo polivalente para peregrinos, showcooking e exposicións, ademais de melloras estruturais na praza

  • O Concello traballa para conseguir financiamento e levar a cabo a renovación integral deste espazo clave para a economía local

  • O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, amosou o seu interese e valorou positivamente a iniciativa

Infografías Mercado Padrón page 0006

O Concello de Padrón continúa avanzando no seu proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos, unha actuación estratéxica que permitirá revitalizar este espazo emblemático combinando a súa esencia tradicional cunha oferta turística e gastronómica moderna e atractiva. O obxectivo principal é converter a praza nun punto de referencia para veciños, visitantes e peregrinos, dinamizando a actividade comercial e reforzando a súa importancia dentro da economía local.

Entre as melloras contempladas no proxecto, destaca a creación dunha nova oficina de turismo, que contará cun espazo polivalente especialmente pensado para acoller peregrinos, con armarios e servizos adaptados ás súas necesidades. Ademais, habilitarase unha zona flexible que poderá empregarse para a celebración de showcookings en eventos gastronómicos, como as Xornadas Gastronómicas da Lamprea, así como unha área expositiva que poida acoller diferentes mostras culturais e divulgativas.

plano proxecto

A intervención tamén inclúe a mellora estrutural dos primeiros postos do mercado, garantindo un espazo renovado que impulse a actividade comercial e mellore a experiencia dos usuarios. Complementariamente, está prevista a instalación de novos baños exteriores e a posta en marcha dun plan de actuación progresivo que sente as bases para a futura renovación integral da praza.

O Concello de Padrón está a traballar activamente para garantir a financiación desta intervención, buscando o apoio doutras administracións que permitan consolidar a Praza de Abastos como un referente gastronómico, cultural e turístico. Neste contexto, o pasado mércores 12 de marzo, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitou o mercado para coñecer de preto os plans previstos. O alcalde Anxo Arca, acompañado da concelleira de Turismo, Chus Campos, e dos técnicos municipais de Turismo e Urbanismo, Alberto Rey e Ramón Rey, detallou as actuacións previstas para revitalizar este espazo clave para a economía local.

20250312 visita praza deputacion

Esta iniciativa enmárcase dentro dun conxunto de proxectos que o goberno local está a desenvolver para mellorar a calidade de vida da veciñanza e dinamizar a actividade económica de Padrón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…