-
Numeroso público presenciou os espectáculos de monicreques na praza de Macías e a actuación do Mago One ||
-
Un pasarrúas musical puxo o colofón a décimo oitava edición dunha feira que devolveu Padrón ao medievo ||
-
Pequenos e maiores animáronse a posar diante do photocal coas personaxes do mercado medieval ||

As personaxes do Bosque Viviente animaron a mañá deste domingo 6 de xullo a Feira Medieval de Padrón e o mercadillo dominical. Acompañados pola música de Turdión percorreron os rúas do casco histórico ante a sorpresa do público presente
Numerosas persoas percorreron durante todo o día a Feira Medieval, con máis de oitenta postos de artesanía, alimentación e obradoiros de oficios antigos. A cativada estivo gozando cos xogos tradicionais e animouse a facer fotos cos personaxes do mercado, que a última hora da mañá se achegaron ata a praza de Baltar.

Pola tarde, o espectáculo de Os Monifates congregou numeroso público na praza de Macías. Pequenos e maiores gozaron coas aventuras dos monicreques deste dúo itinerante e, despois, sorprendéronse coas maxia de proximidade do Mago One.
Bosque Viviente volveu percorrer as rúas do casco histórico e animáronse a bailar con moitos dos nenos e nenas que os agardaban na praza de Macías. Un pasarrúas musical puxo o colofón a esta décimo oitava edición dunha Feira Medieval que se despediu ata o vindeiro ano co peche do mercado á medianoite.
