
O Concello de Padrón continúa a traballar na mellora e modernización do comercio local a través de accións formativas que responden ás novas necesidades do sector.
Tras a experiencia dos cursos impulsados pola Deputación da Coruña, a raíz do evento organizado pola Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña o pasado 4 de xuño de 2024, baixo o título Conectando cos teus clientes a través das RRSS, no ano 2025 desenvolveuse un novo programa formativo en Padrón.
Durante catro semanas consecutivas, os comerciantes tiveron a oportunidade de participar en sesións prácticas centradas en:
- Fotografía aplicada ás estratexias dixitais e ao negocio
- Comunicación e creación de contidos para redes sociais
- Introdución á intelixencia artificial aplicada ao comercio
A acollida foi moi positiva, rexistrándose un notable éxito de participación e valoracións moi satisfactorias por parte das persoas asistentes.
Con estas iniciativas, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso de apoiar ao comercio local, ofrecendo ferramentas útiles para que os negocios poidan adaptarse aos novos tempos, mellorar a súa visibilidade e fortalecer a súa relación coa clientela.
