Print this page
-->

O Concello de Padrón amplía o Concilia Nadal, que comezará antes e contará con máis prazas

  • O programa, dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, desenvolverase no CEIP Flavia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro

  • As inscricións poderán formalizarse do 13 ao 20 de novembro

O programa Concilia Nadal regresa con novidades: nesta edición comezará un día antes e aumenta o número de prazas, pasando de 40 a 45. A iniciativa, organizada polo Concello de Padrón a través da Concellería de Servizos Sociais, ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións escolares.

O Concilia Nadal 2025 desenvolverase os días 22, 23, 24, 26, 30 e 31 de decembro, e os 2, 5 e 7 de xaneiro, nas instalacións do CEIP Flavia, en horario de 7.45 a 15.15 horas. O programa está dirixido a menores escolarizados de 3 a 16 anos empadroados no Concello de Padrón. No caso de quedar prazas vacantes, poderán participar tamén menores doutros concellos.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 13 ao 20 de novembro, e o prezo de participación é de 50 euros. A inscrición pode facerse por vía telemática ou de forma presencial, no rexistro do Concello ou de Servizos Sociais.

O Concilia Nadal é unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade.

As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao 981 817 025.

Ligazón ás bases reguladoras do programa Concilia Nadal 2025

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…