Print this page
-->

Anxo Arca inaugura a exposición ‘O Padrón rural en imaxes’, que estará aberta ao público este domingo

Trátrase dun traballo do Voluntariado interxeracional para ver a evolución do rural co paso do tempo  ||  

A actividades foi financiada Xunta Xunta de Galicia e pola Union Europea a través dos fondos NestGenerationEU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia  ||  

 

logos Padron en imaxes

O alcalde de Padrón, Anxo Arca,  e a concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, inauguraron este sábado a exposición ‘O Padrón rural en imaxes’, que estará aberta ao público este domingo, 19 de outubro, na Casa dos Capeláns (Iria Flavia) de 12.00 a 13.30 horas

Trátase dun proxecto do Voluntariado interxeracional 2025 promovido pola Oficina de Voluntariado de Padrón, no que 14 persoas mozas e 14 maiores recolleron fotos antigas do rural padronés, e tomaron imaxes actuais para ver a súa evolución. Tamén participaron nun proceso de formación desenvolvido pola fotógrafa Verónica Ramilo Graña e pola cooperativa de intermediación cultural Rexenerando, que taén se encargaron de montar a exposición.

Anxo Arca amouse orgullo “da parte rural, que fai Padrón máis grande”. O alcalde asegurou que en Padrón “hai unha combinación equilibrada entre o ámbito rural e urbano”.

Pola súa banda Mariló Saco Vigo agradeceu a implicación das persoas voluntarias nun proxecto que “implicou moitas horas de investigación e traballo en equipo”, como indicou Pilar Lorenzo, responsable da oficina de voluntariado de Padrón.

A inauguración de hoxe estivo reservada para as persoas que participaron no proxecto. O acto rematou cunha conversa con Vanesa Quintáns e Yolanda Buceta sobre as potencialidades do rural padronés e as posibilidades que ofrece para emprender.

Este domingo, 19 de outubro, a mostra estará aberta ao público na Casa dos Capeláns de 12.00 a 13.30 horas.

O proxecto contou co cofinanciamento do Concello de Padrón e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea NextGenerationEU. Os custe total do proxecto foi 14.368,97 €, financiado polo Concello de Padrón un 16.68% e un 83,32% pola Unión Europea NextGenerationEU.

 

20251018 exposicion Padron rural en Imaxes 20

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…