Print this page
-->

O Concello remata o acondicionamento dunha zona de aparcamento no Bordel para 400 coches

 

A Concellaría de Obras de Padrón vén de rematar os traballos de acondicionamento dunha nova área de aparcamento gratuíto na zona do Bordel, xusto a carón do río Sar e moi preto da nova pasarela peonil, cunha capacidade para máis de 400 coches.

As obras realizadas nesta zona, que comprende unha superficie aproximada de 8.715 metros cadrados, consistiron fundamentalmente na eliminación da maleza, a nivelación e compactación do terreo e na dotación dunha capa de zahorra.

Esta nova superficie de aparcamento gratuíto completa ás xa existentes na propia zona do Bordel, no Campo da Barca, no Campo do Souto e nas proximidades do Xardín Botánico -concretamente nun lateral e na parte traseira-, nas que tamén se acometeron traballos de bacheado e acondicionamento.

O concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, salienta que a apertura deste novo aparcamento no Bordel aumenta ata 2.500 o número de prazas dispoñibles para estacionamento gratuíto nas inmediacións do centro urbano.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…