Qué visitar

Casa Museo de Rosalía de Castro

Casa Museo de Rosalía de Castro

A Casa da Matanza foi o fogar de Rosalía de Castro e da súa familia desde 1883 ata o seu falecemento o 15 de xullo de 1885. A día de hoxe, completamente restaurada, esta casa-museo é un dos epicentros culturais de Galicia.


El Pedrón

É unha ara romana que se conserva baixo o altar maior da Igrexa de Santiago e que, segundo a tradición xacobea, foi o punto de amarre da barca que transportou desde Palestina ata Iria Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago.


"Santiaguiño do Monte"

Esta área recreativa é un dos espazos de maior tradición xacobea de Galicia, por identificarse como un dos santos lugares nos que predicou o Apóstolo Santiago (ano 40 d.C.). Cada 25 de xullo acolle a popular romaría do Santiaguiño.

 

Iglesia de Santiago

Levantada polo bispo Gudesindo arredor do ano 920, sería ampliada dous séculos máis tarde polo arcebispo Xelmírez e reformada nos séculos XVI e XVII. Tal e como se coñece hoxe, foi rematada no estilo neoclásico por José Piquét (1867).


Convento del Carmen

Edificouse sobre rocha viva a comezos do século XVIII grazas á achega económica de Alonso da Pena e Montenegro, padronés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela. É unha boa mostra do neoclásico galego.


Iglesia de Santa María la Mayor de Iria Flavia

Antiga sé espiscopal e primeiro templo mariano do mundo, tamén coñecida como igrexa de Santa María de Adina, na súa contorna atópanse enterrados 28 bispos. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975. 

 

Iglesia de A Escravitude

Obra de José San Martín, as súas orixes remóntanse ao século XVI, aínda que rematouse definitivamente no ano 1885. No seu exterior destacan as dúas altas torres e a escalinata de acceso e no interior, o retablo do altar maior.


Monasterio franciscano de Herbón

Foi fundado en 1396 por frei Gonzalo Mariño e frei Pedro de Nemancos, grazas ás doazóns de Fernando Bermúdez de Castro e os coengos de Iria Flavia. Está intimamente vinculado á orixe histórica dos famosos pementos de Herbón. 


Iglesia de Santa María de Herbón

Este templo parroquial foi construído por orde do bispo Xelmírez (século XII) e conta cunha fachada románica na que destaca a ornamentación que enmarca a porta principal, onde resaltan as columnas acodilladas (tres por cada lado).

 

Jardín Botánico-Artístico

Monumento Artístico Nacional desde 1946, agocha en pouco máis dunha hectárea unha extraordinaria riqueza florística con 300 especies e varios dos nove elementos que forman parte do catálogo arbóreo monumental do Finisterrae.


Fundación Camilo José Cela

Ubicada fronte á Colexiata de Santa María de Adina, nas chamadas Casas dos Canónigos -construídas no século XVIII-, esta fundación conserva e divulga o legado literario e artístico do Premio Nobel Camilo José Cela.


Pesqueras tradicionales de lamprea

Ao paso do río Ulla por Padrón atópanse ata 14 pesqueiras de lamprea -tamén coñecidas como canles- entre Herbón e Carcacía-Lapido. Moitas delas pódense visitar a pé a través dos sendeiros dos lampreeiros.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Puede contactar con el Concello de Padrón a través de los siguientes medios:

  • Dirección: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Otras páginas web de interés

 

App Padrn removebg preview

La App de Turismo ya está disponible en Google Play y en App Store.

Top

Aviso legal - Política de privacidad - Política de cookies

Enlace temporal a la antigua página web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…