Saúdo do alcalde
Estimado/a internauta:
Como alcalde de Padrón douche a benvida á nosa páxina web, un espazo útil e directo no que o conxunto da veciñanza e aquelas persoas que nos visitan poderán atopar toda a información sobre o noso municipio e os servizos que prestamos.
O Concello de Padrón ten como obxectivo promover unha administración virtual que axilice os trámites e facilite unha información áxil, completa e renovada sobre as novidades municipais. Queremos que a nosa web sirva de canle de comunicación interactiva e bidireccional a través da cal se poidan amosar e expresar propostas, opinións e dúbidas.
Tamén será unha fiestra para abrir Padrón ao resto do mundo, con información sobre a nosa historia, as nosas tradicións, o noso patrimonio, a nosa natureza e a nosa xente, unha veciñanza que garda con respecto e devoción o legado dos nosos predecesores ao tempo que é exemplo de innovación e progreso en todos os eidos.
Un portal que complementamos cunha web específica de turismo, que o Concello de Padrón pon á vosa disposición e na que atoparedes información útil para coñecer mellor o noso pobo e todas as experiencias das que poderedes gozar nel.
Quero aproveitar estas liñas para convidar aos que non coñecen o noso excepcional municipio a que se acheguen ata Padrón. Agardo que esta visita virtual sexa un aliciente máis para descubrir a nosa vila.
Chegamos ao goberno municipal cheos de ilusión, con ganas de traballar e cunha ética e unha esixencia que redundan tamén no compromiso de dar pasos cara a adiante en aspectos como a transparencia e a participación veciñal a través das canles dixitais.
Sen embargo, estas novas facilidades non nos van facer esquecer a necesidade do contacto persoal directo. O Concello de Padrón é a vosa casa, as nosas instalacións e oficinas sempre estarán abertas para atender persoalmente as vosas necesidades.
No meu nome e no de toda a Corporación Municipal esperamos que a páxina web sexa de axuda para coñecer o potencial do concello e anímovos a usar os seus servizos.
Anxo Rei Arca
Alcalde de Padrón