Novas recentes

As sesións informativas celebradas en outubro en diferentes parroquias do municipio sumaron 194 novos fogares e dous grandes xeradores do ámbito educativo O éxito da iniciativa, na que se repartiron composteiros de balde, confirma o compromiso crecente da veciñanza padronesa coa separación dos residuos orgánicos e a súa valorización na propia orixe   O Concello de Padrón fai un balance moi positivo das sesións informativas de compostaxe doméstica desenvolvidas durante o mes de outubro, no marco do programa municipal de compostaxe descentralizada, unha iniciativa que permitiu ampliar considerablemente a rede de composteiros do concello e incrementar o número de fogares…
O Concello distinguiu como Peregrinos de Honra os integrantes da familia do Grupo Scala nun acto celebrado na igrexa de Santiago  ||    O alcalde destacou a súa hospitalidade, a proxección da gastronomía local e a colaboración con iniciativas que contribúen a mellorar a vila  ||    Manuel Vidal, pai e fillo, asinaron no Libro de Honra do Concello  ||        O Concello de Padrón entregoulle onte á familia Vidal, do Grupo Scala, o galardón Padrón, Berce do Xacobeo 2026, que leva aparellada a distinción de Peregrino de Honra. A cerimonia, celebrada na igrexa de Santiago, recoñeceu máis de catro décadas de…
O sábado 7 de novembro a galardoada tamén representará o seu novo espectáculo de clown ‘A Estrada’ A programación do Outono Cultural encherá de teatro e música os meses de novembro e decembro, con once propostas para todas as idades As actividades celebraranse no Auditorio, agás o espectáculo ‘Piano e candeas’, que terá lugar na igrexa de Santiago O Concello de Padrón presenta unha nova edición do Outono Cultural, que entre o 7 de novembro e o 12 de decembro ofrecerá unha ampla programación de teatro, música e humor para todos os públicos. A primeira cita terá un carácter especial, coa…
A elevada demanda obrigou a ampliar as prazas dispoñibles para unha cita que atraerá participantes de toda Galicia O polideportivo municipal acollerá durante toda a xornada competicións infantís, por parellas e individuais, con entrada libre para o público   Máis de 200 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia participarán mañá, sábado 24 de outubro, no I Concurso de Puzzles de Padrón, unha cita organizada pola Asociación Española de Puzzles (Aepuzz) coa colaboración do Concello de Padrón e que terá como escenario o polideportivo municipal. A convocatoria superou as previsións iniciais e a organización tivo que ampliar o número de…
O Concello de Padrón incorpora un auxiliar administrativo ao departamento de Urbanismo grazas á subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e xestionada pola Xunta de Galicia destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Padrón accede a estas axudas para favorecer o emprego xuvenil e reforzar os servizos municipais mediante a incorporación de persoal administrativo. A contratación permitirá mellorar a capacidade de resposta do departamento de Urbanismo, un dos servizos municipais con maior carga de traballo e demanda veciñal, especialmente no relativo…
O Concello de Padrón recoñece como Peregrinos de Honra aos membros da familia Vidal pola traxectoria do Grupo Scala, unha iniciativa empresarial de raíz familiar que leva máis de catro décadas contribuíndo á promoción turística, gastronómica e patrimonial do municipio  ||   O acto de entrega do galardón terá lugar o 30 de outubro, ás 19.00 horas, na Igrexa de Santiago de Padrón, e estará aberto á participación da veciñanza  ||   O Concello de Padrón concédelle o premio Padrón, Berce do Xacobeo á familia Vidal (Grupo Scala),  que inclúe o recoñecemento Peregrino de Honra 2026, pola súa implicación no desenvolvemento dun modelo…
A programación inclúe proxeccións, coloquios, obradoiros, música en directo e propostas para a veciñanza de todas as idades A exposición sobre José Gil, pioneiro do cinema galego, xa pode visitarse na Praza de Macías Manolo González recibirá o Premio FOCO á Traxectoria pola súa contribución á conservación, divulgación e recuperación da memoria audiovisual galega A mostra estrea DaCasa, unha nova sección dedicada ao talento da mocidade creadora da comarca, coa participación de Zeltia Iglesias, Laura Sixto e Telmo Portas Todas as actividades son de balde ata completar capacidade   Tras o éxito do ano pasado, Padrón volverá converterse esta semana…
A boa acollida das primeiras xornadas leva a programar novas citas en Carcacía, A Ponte e Estramundi A inscrición previa é necesaria para participar nas sesións e recibir o composteiro de balde   O Concello de Padrón amplía a programación de sesións informativas de compostaxe doméstica e reparto de composteiros que se está a desenvolver estes días en distintos puntos do municipio. Tras a boa acollida das xornadas celebradas en Estramundi, Pazos, A Ponte, Carcacía e Arretén, o Concello incorpora novas sesións co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza e seguir promovendo a correcta separación e aproveitamento dos biorresiduos…
O Concello vén de acadar coa Deputación da Coruña dúas liñas de financiamento destinadas a fortalecer o equipo municipal, ampliar o Servizo de Axuda no Fogar e desenvolver durante 2026 diferentes programas de apoio social Entre outras medidas, adquiriranse reloxos de apoio e seguridade para reforzar a protección das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar nos seus desprazamentos e na atención domiciliaria O Concello de Padrón continúa reforzando os seus Servizos Sociais co obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, áxil e adaptada ás necesidades da veciñanza. Para iso, solicitou á Deputación da Coruña dúas subvencións que permitirán consolidar…
A iniciativa achegará á veciñanza información práctica sobre a separación dos residuos orgánicos e a compostaxe na casa As sesións, que arrancan este luns en Estramundi, inclúen a entrega de composteiros ás persoas previamente inscritas O programa conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través de fondos europeos   O Concello de Padrón inicia este luns, 5 de outubro, un programa de promoción da compostaxe doméstica co obxectivo de fomentar unha mellor xestión dos residuos orgánicos nos fogares e favorecer a súa separación na orixe. A iniciativa contempla a celebración de distintas sesións informativas de…
Páxina 1 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…