-->

Padrón promove o II Certame do debuxo do 25N para implicar ao alumnado de Primaria na sensibilización contra a violencia de xénero

  • Os deseños de Ana Pérez, Mateo Chayán, Blanca Rocha, Violeta Taboada, Sara Castro e Sara González imprimiranse en cuncas conmemorativas //

  • Os máis de 450 traballos recibidos encherán os escaparates dos comercios, bares e restaurantes da vila durante o mes de novembro //

Xa hai nomes gañadores do II Certame de debuxo do 25N co que o Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, volve implicar ao alumnado de Primaria nas actividades de sensibilización coas que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o 25 de novembro. Os debuxos premiados son os de Ana Pérez Rodríguez (1º B), Mateo Chayán Cruces (3º A) e Blanca Rocha Castro (6º B), do CEIP Flavia, e os de Violeta Taboada García (1º B), Sara Castaño Lima (4º A) e Sara González Alvarado, (6º B), por parte do CEIP Rosalía de Castro.

 

Ana PErez Rodriguez 1B Flaia

Mateo Chayan Cruces 3A Flavia

Blanca Rocha Castro 6B Flavia

Violeta Taboada Garcia 1B Rosalia

Sara Castaño Lima 4A RosaliaCastro

Sara Gonzalez Alvarado 6B RosaliaCastro

Os debuxos participantes no certame, máis de 450, repartiranse ao longo do mes de novembro polos escaparates dos comercios, bares e restaurantes de Padrón que colaboren coa iniciativa para que agora poida velos toda a veciñanza contribuíndo á concienciación fronte ás violencias machistas. “O ano pasado foron máis de trinta os establecementos que colgaron nos seus escaparates centos de debuxos e mensaxes nos que o alumnado amosaba o seu rexeitamento á violencia de xénero”, sinala a concelleira de Muller e Igualdade, Lorena Couso. “Detrás da nosa maquillaxe hai outra cara ou Non á violencia e o maltrato das mulleres foron algunha das mensaxes que incluían as obras e que serviron para sensibilizar aos milleiros de persoas que pasaron pola vila”, engade.

Ademais, os debuxos gañadores empregaranse para decorar unhas cuncas conmemorativas que se entregarán no acto institucional que, co gallo do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, se desenvolverá no Auditorio municipal o 25 de novembro. O acto, no que se lerá o manifesto do 25N, aproveitarase para a entrega de premios, que consistirán nun maletín de debuxo, un libro e un lenzo coa súa obra para cada estudante. No marco deste acto, o público asistente poderá escoitar tamén un monólogo de Cristina Maró e Jazmín Abuín, que contará con introdución musical. 

Manualidades para Infantil

Dentro das accións que promove o Concello de Padrón no marco da loita contra a violencia de xénero, atópanse tamén obradoiros de manualidades para o alumnado de Infantil e un concurso de TikTok para o de Secundaria. Estes talleres desenvolveranse coas nenas e nenos do Flavia, o Rosalía e das escolas unitarias. O obxectivo, sinala Lorena Couso, é “involucrar tamén nesta loita ás nenas e nenos más novos do municipio”.

O certame de TikTok, que consiste na realización de vídeos para esta rede social centrados na prevención e na denuncia da violencia de xénero, está dirixido ás rapazas e rapaces dos IES Macías o Namorado e Camilo José Cela.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…