-->

Padrón reencóntrase coa Galicia medieval a través da arte, da música e de actividades divulgativas

  • A iniciativa cultural inaugurase o 3 de novembro coa exposición de pintura de Pedro Castro Couto e o concerto do Grupo Medievalium Gallaecia //

  • Haberá unha conferencia sobre castelos medievais o día 10 de novembro e presentarase unha unidade didáctica para o alumnado de Secundaria sobre esta época histórica //

  • O Concello destaca a importancia do proxecto ao achegar unha visión do medievo dende unha óptica multidisciplinar //

Novembro arrinca con forza en Padrón e o fai cunha proposta singular na que a historia será a protagonista. A través do programa Reencontro coa Galicia Medieval, o Concello de Padrón propón a toda a veciñanza un achegamento á Idade Media na que arte, a música e as actividades divulgativas van da man. A iniciativa cultural desenvolverase do 3 ao 14 de novembro.

“Trátase dunha proxecto moi interesante e completo que permitirá a toda a veciñanza redescubrir á época medieval dende outra perspectiva, non só a histórica, senón tamén a emocional”, subliña o alcalde de Padrón, Antonio Fernández.

Reencontro coa Galicia Medieval arrincará o xoves 3 novembro coa inauguración da exposición de pintura medieval do artista Pedro Castro Couto, guiada pola catedrática de instituto Mª Eva Ocampo Vigo. Será ás 19.00 horas, no auditorio municipal de Padrón. A mostra estará aberta ao público ata o 14 de novembro e inclúe preto de 25 pezas todas ela con temática medieval na que se reflicten costumes, feitos históricos e lendas.

A inauguración da mostra estará acompañada dun concerto de música medieval a cargo do grupo Medievalium Gallaecia coa soprano Victoria Álvarez Acón, o zanfoñista e frautista Eloy Vázquez e o percusionista Alberto Cabezas.

O xoves 10 de novembro, tamén no auditorio municipal e ás 19.00 horas, o catedrático Xosé A. Ponte Far impartirá unha conferencia ilustrada con imaxes sobre Os castelos medievais galegos, na que debullará a historia e a evolución destas construcións ata os nosos días, aderezadas con algunha que outra anécdota. E, Mª Eva Ocampo Vigo presentará a unidade didáctica A Idade Media en Galicia (S.V-XV) dirixida ao alumnado de Secundaria, na que se explica a historia, as costumes e a arte da época medieval en Galicia. Unha proposta educativa-divulgativa para que o alumnado coñeza as raíces medievais.

Reencontro coa Galicia Medieval é un proxecto promovido polo Grupo Medievalium Gallaecia que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración dos concellos de Padrón e de Negreira e a Afundación. Todas as actividades programadas nesta iniciativa forman parte da programación do Outono Cultural do Concello de Padrón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…