-->

O Concello de Padrón pagará trienios ao persoal laboral temporal que non os estea percibindo

  • O alcalde padronés, Antonio Fernández, informou aos sindicatos desta iniciativa que pretende equiparar as condicións salariais de todos os traballadores municipais //

  • A proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario para a súa aprobación //

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, mantivo unha xuntanza cos sindicatos para trasladarlles a intención do equipo de goberno de facer efectivo o pago dos trienios a todo o persoal laboral temporal que estea a prestar os servizos no Concello e que non os estea percibindo.

Segundo explicou o mandatario padronés, a proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario. Con esta actuación, o Concello quere “recoñecer o traballo do persoal laboral temporal do Concello e igualar as condicións salariais de todo o persoal municipal que está a prestar os seus servizos”.

A proposta recolle que os trienios serán recoñecidos de oficio polo Concello, sen que sexa necesario que o persoal beneficiado con esta medida presente unha petición expresa. Os trienios serán recoñecidos de conformidade cos servizos prestados pola persoa traballadora, que se acumularán por orde cronolóxica. Ningún período de tempo poderá computarse máis dunha vez.

No caso de servizos prestados a tempo parcial, a remuneración será proporcional á porcentaxe da xornada realizada.

A proposta do equipo de goberno contempla que o paga da antigüidade reflexarase nas nóminas deste mes de novembro.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…