-->

Pepe Domingo Castaño xa ten unha praza co seu nome no casco histórico de Padrón

  • Antonio Fernández Angueira: “É a mellor forma de renderlle unha homenaxe a un dos mellores embaixadores que ten o noso pobo”|| 

  • O acordo foi aprobado no Pleno por unanimidade de todos os grupos||  

  • A praza coñecida como “Travesas” pasa agora a levar o nome do ilustre periodista radiofónico intimamente vinculado a padrón||  

  • Castaño: “Faime moita ilusión, porque é a praza na que xogaba de pequeno e onde comezaron todos os sonos”||  

Pepe Domingo Castaño xa ten unha praza co seu nome no casco histórico de Padrón, a vila na que se criou e que tanto ten promocionado nos programas de radio nos que traballou. O Pleno da Corporación de Padrón aprobou onte por unanimidade poñerlle o nome de Pepe Domingo Castaño a praza do casco histórico de Padrón que ata o momento se chamaba Travesas. Para o alcalde, con este acordo “rendémoslle homenaxe a unha das árbores senxelleiras de Padrón”, mentres que o propio xornalista amosábase onte emocionado no programa Tiempo de juego da cadena Cope, cando dixo que este recoñecemento lle fai “especial ilusión, porque é a praza na que xogaba de pequeno”.

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, sinala que con esta iniciativa “queremos renderlle homenaxe a un dos nosos mellores embaixadores, a unha persoa fortemente ligada a Padrón”, aínda que leva moitos anos vivindo e traballando en Madrid. Para o alcalde, Pepe Domingo Castaño “ten unha traxectoria impecable, é unha das nosas árbores senlleiras, que mantén as raíces no noso pobo”.

Fernández Angueira recorda que con esta homenaxe, “Padrón completa o poquer de ases a persoeiros ilustres, como Macías o Namorado, Rosalía de Castro, Camilo José Cela e, agora, a Pepe Domingo Castaño”.

Na proposta aprobada onte polo Pleno da Corporación, recórdase que a pesares de todos os anos vivindo e traballando en Madrid, “Pepe Domingo Castaño estivo sempre fortemente ligado a súa terra, Padrón, onde reside gran parte da súa familia e sendo un gran embaixador, promocionando a vila rosaliana e os seus recursos culturais, naturais, literarios e gastronómicos en cada ocasión que se lle ofrece nos seus programa radiofónicos”.

Pepe Domingo Castaño: “Faime especial ilusión”

O propio Pepe Domingo Castaño recoñecía onte pola noite no programa deportivo da cadena Cope Tiempo de juego que él non quería que lle dedicaran ningunha rúa en vida. “Pero cando o alcalde me suxeriu esta praza, onde eu xogaba de pequeno e onde comezaron todos os meus sonos, esa praza si me fai ilusión. Faime unha ilusión tremenda”.

Na proposta debatida no pleno de Padrón, inclúense entre os antecedentes administrativos un breve currículo do homenaxeado:

José Domingo Castaño Solar, coñecido popularmente coma Pepe Domingo Castaño, naceu na localidade veciña de Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e aos poucos días a súa familia trasladouse a vivir á zona vella de Padrón.

A súa longa traxectoria profesional no mundo audiovisual comezou aos 18 anos na emisora de Santiago de Compostela Radio Galicia no ano 1964, e dous anos máis tarde comeza no programa de radio La Voz xa en Madrid. A partir dese momento comeza a súa carreira profesional a nivel nacional coma presentador de radio e televisión, cantante e escritor.

Nos seus primeiros anos de carreira traballou tanto na radio coma na televisión. Triunfou en programas de televisión coma Biblioteca joven, A todo ritmo, Voces 45, todos eles programas musicais. Volveu a traballar na radio, en Cadena Ser con programas para xente nova coma Voces a 45, Viva la radio e Sintonía sobre ruedas. Para logo voltar a Televisión Española co programa 300 millones ou o programa Número 1 de Tele 5.

Dende o ano 1988 presentou o programa radiofónico Carrusel deportivo. Ademais, durante os anos que estivo na Cadena Ser tivo oportunidade de retransmitir acontecementos deportivos como a Volta ciclista a España ou o Tour de Francia.

Na actualidade, e dende o 2010, conduce un dos programas líderes de audiencia da radio nacional Tiempo de Juego, na Cadena Cope.

No panorama musical comezou cantando cos grupos Los Ibéricos ou Blue Sky, triunfando na súa etapa como solista chegando a ser número 1 dos 40 principales con tema Neniña e Disco de Oro en México co álbum Motivos.

A súa faceta como escritor levouno a realizar 3 libros Carrusel deportivo: Diario de un año, no 2006; Debajo de la parra, no 2008, e Hasta que se me acaben las palabras, no 2022, un libro autobiográfico.

O éxito acadado ao longo da súa traxectoria traduciuse nunha longa listaxe de premios e condecoracións durante estes anos. De seguido indícanse os principais:

Premios:

  • Premio Ondas en catro ocasións: 1975, 1996, 2002 e 2005
  • Premio Guacaipuro de Oro, en Venezuela
  • Premio Antena de Oro, en dúas ocasións: 1989 e 2010
  • Premio Micrófono de Oro, en dúas ocasións
  • Premio Galicia de Xornalismo Deportivo Enrique Mariñas no 2007
  • Premio da Asociación Española de Informadores de Prensa no 2010
  • Premio Diego Bernal no 2011
  • Premio Nacional del Deporte no 2012
  • Premio Emilio Castelar no 2013
  • Premio Joaquín Prat de Radio da Academia Española da Radio no 2014
  • Premio Nacional de Periodismo Deportivo Manuel Alcántara, na categoría ‘Trayectoria’, no 2019
  • Premio aos Valores Ángel María Arregui dos Premios Nacionales Palabra de Fútbol no 2022 

Condecoracións:

  • Fillo Predilecto de Padrón no 1986
  • Medalla Castelao no 2015
  • I Peregrino de honra de Padrón no 2017
  • Fillo Predilecto de Dodro no 2022

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…