-->

O alcalde de Padrón reafirma o seu compromiso co programa de acollemento familiar de Acougo

  • Rexedor e concelleira de Servizos Sociais mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación //

  • Antonio Fernández destaca que “Padrón é unha vila con familias comprometidas e acolledoras e este compromiso vai en aumento” //

  • Preto dunha ducia de familias manifestaron o seu interese por participar no programa //

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Belén Luezas, mantiveron esta mañá unha xuntanza con Carmen Dourado, traballadora social e directora de Acougo, e representantes das familias acolledoras. O obxectivo foi reafirmar o compromiso de colaboración do Concello con Acougo e coas familias do municipio que participan no programa de acollemento familiar de menores.

Antonio Fernández resaltou o papel de Acougo “na formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e, concretamente, das familias de acollida”, animando á veciñanza a informarse sobre esta medida. Búscase achegarlle á sociedade á realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. Todas aquelas persoas de  Padrón que estean interesadas en participar no programa de acollida poden poñerse en contacto coa Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, no teléfono 622 672 188.

O alcalde destacou que Padrón “é unha vila con familias comprometidas e acolledoras” e indicou que este compromiso da veciñanza e do voluntariado vai en aumento. “Na última xuntanza preto dunha ducia de familias padronesas manifestaron o seu interese por participar no programa de acollemento”, subliñou Antonio Fernández.

O Concello de Padrón vén colaborando coa Asociación Acougo dende o ano 2020 para dar visibilidade á problemática de menores e adolescentes desamparados. Neste senso, Antonio Fernández lembra que o Concello ten firmado un convenio de colaboración coa entidade a través do cal o goberno local articula diversas accións encamiñadas a protexer ás familias acolledoras do municipio. Entre estas destaca o apoio na realización de xestións e trámites para que os menores acollidos poidan desenvolver a súa actividade escolar, social e cultural con plenas garantías.

“Dende o goberno municipal solucionamos que os nenos e as nenas do programa de acollida familiar poidan ter praza na gardería de Padrón”, di o alcalde, quen tamén lembra algunhas das actividades desenvolvidas no marco do convenio como a celebración do Día do pixama ou os encontros na praza.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…