-
O pase celebrouse no Convento do Carmen e foi seguido por numeroso público ||
-
Lorena Couso: “Con esta iniciativa queremos potenciar o comercio local e amosar que temos moito que ofrecer no eido da moda”
O desfile Padrón está de moda, organizado polo Concello, foi todo un éxito de participación e de público. Así o manifestou a concelleira de Turismo e Comercio, Lorena Couso, quen destaca que con esta iniciativa “queremos potenciar o comercio local e amosar que Padrón ten moito que ofrecer no eido da moda”. O desfile celebrouse nas instalacións do Convento do Carmen, coincidindo coa VII Exposición da camelia e do bonsái que este ano tivo como fin solidario colaborar coa Asociación Art for Dent.
Pola pasarela desfilaron o pasado sábado 25 de marzo veciños e veciñas do municipio lucindo as últimas tendencias en roupa, complementos, calzado, xoias e mesmo peiteados e maquillaxe, convertendo ao desfile nun pequeno escaparate do que ofrecen comercio e tendas locais para a tempada de primavera-verán.
O grupo de goberno agradece a colaboración veciñal e a implicación do comercio padronés nesta iniciativa e, en particular, á das tendas Bianco moda y complementos, Camden Town, O Liño Lencería do Fogar; Óptica Baltar, Xoiería Cortiñas, Silvia´s Look, Peluquería Karol, Zabba zapatería, Jessi Fabeiro e Ufactec Tecnoloxías que colaboraron co Concello na organización do desfile Padrón está de moda. O destile pechouse cun pase de camisetas solidarias para colaborar coa Asociación Art for Dent.
Podes ver a galería completa de fotos do desfile na páxina oficial de Facebook do Concello de Padrón, neste enlace