-->

A Pascua toma Padrón dende o domingo con pleno nas atraccións e grandes concertos gratuítos

  • As actuacións de Dorian e de Álvaro de Luna e verbenas coas orquestras Panorama, Olympus e París inclúense nun completo programa musical para todas as idades //

  • Ás competicións de xadrez, tenis, fútbol, chave e ximnasia rítmica únense á Carreira Popular, á Clásica ciclista e á velada de boxeo //

  • O alcalde, Antonio Fernández, confía en que as festas satisfagan a todos os públicos e destaca o obxectivo de superación no segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia //

Coa totalidade das parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo do Souto volverá vestir Padrón de festa dende este domingo 2 de abril para celebrar a Pascua por todo o alto. Padroneses e visitantes poderán gozar durante quince días cunha completa programación pensada para todos os públicos e na que, unha vez más, un bo número de concertos e verbenas gratuítos se sumarán a citas clásicas como a feira cabalar e as competicións deportivas. O pregón correrá a cargo do humorista e actor galego David Amor.

A Pascua celébrase por segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia e o obxectivo de superarse a si mesma en cada edición, tal e como salientou o alcalde de Padrón. Antonio Fernández Angueira recordou que as festas de 2022, as primeiras trala pandemia, pecháronse cunha grande éxito de participación e supuxeron todo un revulsivo tanto anímico como económico para a localidade. “Traballamos arreo coa intención de manter o nivel e facer unhas festas que satisfagan a todos os públicos”, sinalou. Para conseguilo, o Concello de Padrón destina a Pascua un orzamento próximo aos 200.000 euros.   

Os concertos de Dorian e Álvaro de Luna  o sábado 8 de abril atópanse entre os pratos fortes destas Festas de Pascua 2023. Ademais, e como xa vén sendo tradición, as persoas que se acheguen a Padrón poderán gozar dos espectáculos das orquestras Panorama, Olympus e París de Noia. Outras actuacións destacadas son as do DJ Sash! ou os tributos a Abba e ao pop-rock español das décadas dos 80 e dos 90.

Carmina Bustelo, concelleira de Festexos, salienta a participación das agrupacións musicais locais. Entre elas, atópanse as orquestras Unión y Fuerza, Atenas e Charleston, os grupos folclóricos padroneses e a banda municipal. “Non só apostamos claramente pola música local, senón que queremos tamén converter as Festas de Pascua nun escaparate para os nosos grupos”, manifestou a concelleira, que insistiu na idea de facer “un programa variado e para todas as idades, con espectáculos e obradoiros infantís, actuacións para xente moza e tamén para os que non somos tan novos”.

As festas, que se desenvolverán ata o 16 de abril, iniciáronse o pasado sábado 25 de marzo coa Andaina Bisbarra do Sar. O deporte estará presente tamén con campionatos de xadrez, tenis, fútbol, chave ou un torneo de ximnasia rítmica, disciplina que se incorpora este ano á Pascua. Ademais, o sábado 8 de abril disputarase a 42 edición da Carreira Popular e o sábado 15 tocaralle a quenda a 59 edición da Clásica de Pascua de ciclismo. A gran velada de boxeo levarase a cabo o venres 7 de abril.

A feira cabalar, presente xa no inicio das Festas de Pascua hai máis de tres séculos, tamén volverá ao Campo da Barca o domingo 9 de abril, o mesmo día no que se poderá asistir á feira de maquinaría agrícola. Dentro das citas tradicionais, non faltarán tampouco os pasarrúas cos xigantes e cabezudos nin o espectáculo de fogos artificiais

A maiores das atraccións, os postos de feira e o mercadiño dominical, as persoas que se acheguen a Padrón esta fin de semana poderán desfrutar do Raid Cabalar, proba puntuable para o Campionato Galego que percorrerá este sábado os montes de Dodro, Padrón e Rois logo de saír do monte Santiaguiño o sábado ás 9 da mañá, así como do torneo de ximnasia rítmica (sábado ás 10.00 horas no pavillón do grupo escolar) e do comezo dos campionatos galegos de xadrez (Hotel Scala).

Consulta todo o programa nesta ligazón. 

cartel pascua

 

SÁBADO 25 DE MARZO

09.00h 16ª Andaina Bisbarra do Sar. Proba oficial da Copa Galega de andainas de 50 quilómetros. Percorrido polos Concello de Dodro, Padrón e Rois. A proba poderase facer camiñando ou correndo. Máis información e inscricións en www.andainabisvarradosar.com

 

SÁBADO 1 DE ABRIL

09.00h XXXIV Raid Cabalar Pascua 2023. Proba puntuable para o Campionato Galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois. Saída: Monte Santiaguiño.

10.00h I Torneo Rítmica Ausarta. Pavillón grupo escolar.

 

DO SÁBADO 1 AO 8 DE ABRIL

10.00h Campionatos galegos de xadrez 2023. No Hotel Scala de Padrón celebrarase o Campionato galego da categoría absoluta sub-8, sub-10, sub-12, sub-16, feminina e veteranos.

 

DO 3 AO 5 DE ABRIL

16.00h X Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categorías prebenxamín (3 de abril), benxamín (4 de abril) e alevín (5 de abril).

 

DO 6 AO 8 DE ABRIL

09.00h V Torneo CD Sar Extramundi. Categorías benxamín (6 de abril), alevín (7 de abril) e prebenxamín (8 de abril).

DO 3 AO 8 DE ABRIL

10.00H Campionato Tenis Pascua 2023. Categoría absoluta, júnior e local. As finais terán lugar o sábado 8 de abril.

 

VENRES 7 DE ABRIL

19.00h Boxeo – Gran Velada Clásica de Pascua. 25 Aniversario. Nesta velada terán lugar 8 combates de diferentes categorías.

 

SÁBADO 8 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

10.00h Gran salva de bombas anunciando o comezo das Festas de Pascua 2023. A cargo da Pirotecnia López.

10.45h XLII Carreira de Pascua Concello de Padrón. Carreira pedestre para todas as idades. Dende os pitufos, que percorrerán 100m ata a proba absoluta, na que se percorrerán 13.30 quilómetros. Haberá medallas para os participantes nas categorías escolares, trofeos paras os/as tres primeiros/as de cada categoróa e agasallos para todas as persoas participantes. Máis información, consulta de regulamento e inscricións na páxina web de www.emesports.es.

13h – 15h Actuación de Terapia de Grupo. Praza de Macías.

17h-19h Obradoiros infantís. Praza de Macías.

18.00h Inauguración da 50º Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial, que se poderá visitar ao carón da Gardería municipal.

21.00h Pregón. Inauguración das Festas de Pascua 2023 a cargo de David Amor, xogador internacional de balonmán que saltou á fama cando se puxo diante dunha cámara para conquistar ao público galego e español como presentador, humorista, actor e modelo. Praza de Macías.

22.00h Inicio das Festas de Pascua. Concerto de Dorián. Fondo de Vila.

00.00h Gran verbena amenizada por Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

01.00h Concerto de Álvaro de Luna. Fondo de Vila.

02.30h Segundo pase Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

 

DOMINGO 9 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

09.00h Inauguración da Tradicional Feira Cabalar. Campo da Barca. Inscricións nos concursos morfolóxicos.

09.00h 50ª Feira de Exposicións de Maquinaria Agrícola e Industrial. A carón da Gardería municipal.

09.30h Inicio dos distintos concursos morfolóxicos da Tradicional Feira Cabalar.

11.00h  Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Padrón

11.30h Pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón. Praza de Macías

17h-19h Obradoiros infantís.Praza de Macías.

17.00h Espectáculo de recortadores. Exhibición de recortes, quebros e todo tipo de saltos.

22.00h Gran     verbena  amenizada     pola  orquestra Os Satélites. Paseo do Espolón.

00.00h Gran verbena coa orquestra Charleston Big Band. Fondo de Vila.

02.00h  Segundo pase da orquestra Os Satélites. Paseo do Espolón.

03.30h Segundo pase Charleston Big Band. Fondo de Vila.

 

LUNS 10 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

12.00h Pasarrúas do grupo folclórico Rosalía de Castro, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

12.00h Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Padrón.

13.00h Día de Santiago en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Santiago na entrada da Rúa Real.

13.30h Concerto da Banda de Música de Santiago. Praza de Macías.

17h-19h Obradoiros infantís. Praza de Macías.

20.00h  Actuación do grupo Desconcerto. Praza do Castro.

20.30h Actuación do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures. Praza de Macías.

21.30h Gran verbena coa orquestra Atenas. Paseo do Espolón.

23.00h Gran verbena coa orquestra Panorama. Fondo de Vila.

00.30h Segundo pase da orquestra Atenas. Paseo do Espolón.

02.00h Segundo pase da orquestra Panorama. Fondo de Vila.

 

MARTES 11 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

12.00h Pasarrúas do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

19.00h Día de Rianxo en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón.

19.30h  Concerto Banda Municipal de Rianxo. Praza de Macías.

20.00h  Actuación de Somoza’s Trío. Rúa Herreros.

21.30h Gran verbena coa orquestra Marbella. Paseo do Espolón.

23.00h Gran verbena coa orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

00.30h Segundo pase da orquestra Marbella. Paseo do Espolón.

02.00h Segundo pase da orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

 

DO 11 AO 13 DE ABRIL

17.00h IX Torneo de Chave de Pascua. Torneo de chave no que se participará individualmente. O 11 e 12 de abril celébranse as fases clasificatorias e a final disputarase o 13 de abril.

 

VENRES 14 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

22.00h Gran verbena coa orquestra  La Fórmula. Fondo de Vila.

00.30h  Tributo Euro-Abba. Paseo do Espolón.

02.00h DJ internacional Sash! Paseo do Espolón.

02.30h  Segundo pase de La Fórmula. Fondo de Vila.

03.30h DJ Xoel Muíños

 

SÁBADO 15 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

12.00h Pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

14.00h Ciclismo. 59 Edición da Clásica de Pascua XXXIII Memorial Francisco Rodríguez Pazos. A carreira circulará polos concellos de Padrón, Dodro, Rianxo e Rois cun percorrido de 125 quilómetros. Saída: Campo do Souto.

17.00h Espectáculo Duende Ecuestre a cargo da Hípica Zahorí. Demostración de doma e baile con cabalos. A recadación da taquilla irá destinada aos enfermos de ELA.

18.30h  Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro. Praza de Macías.

19.30h  Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía. Praza de Macías.

22.00h  Gin Toni´s, tributo ao pop-rock español dos 80 e 90. Paseo do Espolón.

00.30h Grande exhibición de fogos de artificio. Paseo do Espolón.

00.45h  Gran verbena a cargo de Los Coleguitas. Paseo do Espolón.

04.00h  DJ Víctor Magán

05.00h  DJ Jhose Ángel

 

DOMINGO 16 DE ABRIL

Dispoñerase de Punto Lila no Paseo do Espolón

11.30h Pasarrúas do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

12.00h Xuntanza integrada pola Corporación Municipal e a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, así como os/as padroneses/as que o desexen. A continuación a comitiva dirixirase ao paseo do Espolón para realizar unha ofrenda floral diante dos monumentos de Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Cantarase o Himno Galego e depositaranse coroas de loureiro

12.00h Actuación do grupo folclórico Arreixeira. Praza de Macías.

13.00h   Actuación da Agrupación folclórica O Pedrón. Praza de Macías.

18.00h   XIII Festival de Bandas Capital do Sar. Praza de Macías.

  • Agrupación músico-cultural de Ribadumia
  • Banda de Música de Arca
  • Banda de Música Municipal de Padrón.

21.30h Gran verbena e peche das festas de Pascua 2023 a cargo da orquestra Olympus. Fondo de Vila.

 
 
 
 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…