-->

Martina López e Manuel Lorenzo gañan en Padrón unha concorrida Carreira Popular de Pascua

  • Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os mellores atletas locais e Jesús Bernal, con 75 anos, o de máis idade  ||  

  • Máis de 350 menores participaron nas categorías escolares, as que congregaron máis público nas rúas do casco antigo  ||  

 20230408 Podio equipos

 

Martina López Gestal e Manuel Lorenzo López foron os gañadores absolutos da 42ª Carreira Popular de Pascua coa que Padrón comeza un dos días grandes das Festas de Pascua. A edición desta ano desta proba popular volveu estar mói concorrida, con máis de 580 atletas participando nas diferentes categorías, dos que 350 competiron nas probas escolares. Os mellores atletas locais volveron ser este ano Mercedes Blanco e Roberto Agrelo, mentres que Jesús Bernal, con 75 anos, foi o máis veterano en cruzar a liña de meta despois de percorrer os 13,5 km da categoría absoluta.

Nas categorías escolares, as categorías SUB-6 e SUB-8 foron das que contaron cun maior número de participantes, preto de 150 entre as dúas, e das que máis animaron as rúas do casco histórico de Padrón, xa que aos atletas sumáronse as nais, pais e familiares que non pararon de animalos durante a súa participación. As categorías escolares mantiveron o listón do último ano, con 350 participantes.

Polo que respecta a categoría absoluta, en mulleres subiron ao podio Martina López Gestar (57:08), Marga Villaverde Rosales (57:18) e María Tarrio Martínez (57:34). Na categoría masculina, os gañadores absolutos foron Manuel Lorenzo López (43:33), Alejandro Pesado Fernádnez (44:48) e Xacobo Crego Fernández (45:52).

20230408 Podio absoluto feminino

O Club Deportivo Brión foi o gañador por equipos, segudo do Club Atletismo Sar, que levou tamén o premio ao clube con máis participantes, e o CD Pinarium.

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, e os concelleiros José Ramón Pardo e Francisco García Dios entregaron os trofeos. O triatleta profesional Uxío Abuín foi quen lle entregou o trofeo a gañadora absoluta na categoría feminina.

20230408 Podio absoluto masculino

Na proba absoluta, as clasificacións por categorías quedaron do seguinte xeito:

Senior: Julia Macía e Helena Fernández; e Ismale García, Michel Fernández e Alexandre Fernández.

SUB-20: Marta Calvo; Hugo Calvo e Yago Río

Master-1: Sonia Agrasar, Clara Millares,  Erica Fernández, en mulleres; e Samuel Saborido, Roberto Agrelo e José Luis González, en homes.

Master-2: María José Bragaña, Ana López e María Miguéns, en mulleres; e Vicente Pombal, Manuel Ulla e Xosé Antón Barreiro, en homes.

Master-3: Mercedes Blanco, en mulleres; e José Suárez, Santiago Falcón e Jorge Pereira, eh homes.

20230408 Pascua Padron Carreira Popular Escolares 70

Categorías escolares

Polo que respecta as categorías escolares, nas probas SUB-6 e SUB-8, que non eran competitivas, houbo medallas para todos os participantes.

Os podios, con trofeo e medalla, no resto de categorías quedaron deste xeito:

SUB-10: Ainhoa Reboiras, Lara Guerra e Valeria Herm, en mulleres; e Artur Hermo, Hugo Borrajo e Breixo López, en homes.

SUB-12: Martina Gómez, Lara López e Judit Barros, en mulleres; e Hugo Cordal, Adrián Vila e Yaho Núñez, en homes.

SUB-14: Carmen Paz, Ainoa Galán e Candela Lago, en mulleres; Xoel Franco, Adrián Paz e Jun Sieira, en homes.

SUB-16: Demeku Paniagua, Debris Paniagua e Sarah Diaz, en mulleres; Hugo Domínguez, Iago Mateos e Enrique Magariños, en homes.

SUB-18: Antía Garcia, Arale Fabeiro e Xoana Méndez, en mulleres; e Yago Iglesias, Daniel Maneiro e Eros Pardal, en homes.

20230408 Pascua Padron Carreira Popular Escolares 22

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…