-->

A feira cabalar de Padrón volve xuntar a milleiros de afeccionados de toda Galicia

  • O campo da Barca estivo toda a mañá ateigado de xente para participar na feira   ||  

  • Oitenta exemplares de toda a comunidade competiron nos concursos morfolóxicos organizados polo Concello e Puraga  ||  

  • O concerto da Banda Municipal de Música na praza de Macías foi seguido por centos de veciños e visitantes  ||  

  • O desfile dos xigantes e cabezudos acompañados polo grupo folclórico San Pedro de Carcacía animaron as rúas dos casco antigo  ||  

  • A feira de maquinaria agrícola tamén contou con numerosos visitantes  ||  

 20230409 Pascua Padron Concursos Morfoloxicos Feira Cabalar 9

Padrón volveuse converter este Domingo de Pascua no centro de atención dos afeccionados ao mundo do cabalo, xuntando a milleiros de persoas e centos de animais na Feira cabalar, e a oitenta dos mellores exemplares de Galicia competindo nos concursos morfolóxicos que organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Pura Raza Galega (Puraga). O concerto da Banda Municipal de Música e o pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados polo grupo folclórico San Pedro de Carcacía animaron o casco antigo da vila.

20230409 Pascua Padron Feira Cabalar Pascua 1

Cabalos procedentes de toda Galicia déronse cita esta mañá no campo da Barca para participar uns na feira cabalar e, outros oitenta, nos concursos morfolóxicos nos que se elixiron aos mellores exemplares cruzados e de pura raza árabe, española nun concurso que repartiu 3.600 euros en premios.

Pequenos e maiores, mozas e mozos amantes dos cabalos achegáronse ata Padrón dende primeira hora da mañá para ver os centos de animais que se exhibían nunha das feiras máis tradicionais de Galicia, mentres na praza de touros portátil se celebraban os concursos morfolóxicos, no que xuíces de Puraga elixiron aos mellores exemplares.

Os gañadores nas diferentes categorías foron os seguintes:

Cruzados: Iván, de Pablo López García, en sementais; e HD Cristal, de Héctor Domínguez García, en femias.

Pura raza árabe: Faruk Akhil, de Héctor Domínguez, en machos, e Mar Iris, de Manuel Antonio Martínez Torres, en femias.

Pura raza española: Campanilla XLIX, de Javier García, en poldros; Quirico, de Gandeiría Patiño Guitián, en machos; e Catrina Rah, de Alex Mallo, en femias.

Pura raza galega: Milla da Laxe, de Juan Méndez, en poldros; Chocolate, de Juan Fontenla, en machos, e Galaxia, de Juan Paz, en femias.

20230409 Pascua Padron Concerto Banda Musica Padron 14

Música e moito ambiente

E mentres os afeccionados aos cabalo gozaban no campo da Barca, milleiros de persoas visitaban as atraccións e o mercadiño dominical no campo do Souto e no paseo do Espolón, que estiveron toda a mañá ateigados de persoas.

20320409 Pascua Padron Xigantes Cabezudos AC San Pedro Carcacia 8

A mediodía comezaba a soar a música, primeiro cos pasarrúas da Banda Municipal de Música, que a unha e media ofrecía un concerto na praza de Macías diante de centos de veciños e visitantes. Pouco antes do concerto, o grupo folclórico San Pedro de Carcacía acompañaba aos xigantes e cabezudos pola casco histórico de Padrón, aplaudido tanto polas persoas que se atopaban na rúa como polas que se asomaban a fiestras e balcóns para velos pasar. 

A feira de maquinaria agrícola, que se celebra preto da gardería municipal, tamén foi visitada por centos de persoas.

20230409 Pascua Padron Feira maquinaria agricola 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…