-
A cita contará de novo cun obradoiro de pandeiro cadrado e a presenza de artesáns //
-
Celebrarase na Praza de Macías a partir das 20.30 horas //
-
A xornada rematará coa degustación dunha merenda ofrecida polo Concello //
O Concello de Padrón colabora coa A.F.C. O Pedrón na organización do XIV Festival Folclórico do Pedrón que se celebra este sábado, día 10 de xuño.
A partir das 20.30 horas, a Praza de Macías acolle a actuación da Banda de Gaitas Vega de Espinareda, procedente do Bierzo, así como dos grupos A Mamoa de Luou, Armadanzas de Laraño, e dos organizadores deste evento, a A.F.C. O Pedrón. O festival será presentado polo cómico Victor Grande.
A cita volverá contar coa realización do obradoiro “Puntos ao son do pandeiro cadrado”, unha actividade aberta ao público, previa inscrición, que se realiza a mesma tarde do sábado no Paseo do Espolón entre as 16.30 e as 18.30 horas. O custo é de 25€.
Martín Mondragón será o encargado de impartir este obradoiro que consiste nun achegamento á técnica básica de tocar o pandeiro cadrado a través do repertorio de melodías de Maruza Grande Sobral, e tamén ao baile. O encontro pecharase cunha gran foliada.
Para participar requírese contar cun nivel medio de pandereita, baile e/ou percusión e ter un pandeiro ou notificar a necesidade dun para o desenvolvemento do obradoiro.
A través do teléfono 680 37 22 58 poderase obter máis información e inscribirse nos talleres.
Ao igual que na pasada edición, a xornada contará coa presenza de artesáns que venderán os seus produtos na praza.
O festival rematará coa entrega de premios aos grupos participantes e coa degustación dunha merenda ofrecida polo Concello.