O alcalde Anxo Arca e a concelleira Mariló Saco desfrutaron entre o público da exhibición na praza da Igualdade //
O centro conta con preto de 80 alumnos e alumnas de entre 6 e 70 anos //
A Escola de Música Municipal de Padrón, que conta con preto de 80 alumnos e alumnos de entre 6 e 70 anos, pechou o curso 2022-23 cun acto de clausura no que se amosou todo o aprendido nos últimos meses nas diferentes disciplinas.
A praza da Igualdade acolleu un acto que redundou no talento e aptitude dos nenos e nenas do centro e que foi seguido por un numeroso público, entre os que se atopaba o alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Mariló Saco. Os nervios e a emoción inicial dos músicos e músicas, moitos deles estreándose enriba dun escenario, deu paso a unha tarde chea de interpretacións de gran calidade.
Mauro, un dos membros máis novos da Escola de Música de Padrón, abriu a serie de actuacións coa Sinfonía de Novo Mundo de Andton Dvroak ao clarinete.
O alumnado de trompeta, saxofón co tamén debutante Noé, trompa, frauta, óboe, piano, fagot, metal grave, percusión e das clases de Música e movemento foron pasando por un escenario onde se homenaxeou aos clásicos, pero tamén se escoitaron temas tradicionais e actuais.
Pechou o festival a Banda Xuvenil da Escola de Música con diferentes interpretacións, entre as que non faltaron temas coñecidos como os das películas Mary Poppins e Jurassic Park.