-->

Padrón recupera a Feira Medieval do 7 ao 9 de xullo con máis de 70 postos, música e obradoiros

Haberá contacontos, torneos de loita e o domingo un espectáculo de lume na praza de Macías  ||  

O venres están programadas dúas visitas guiadas, a trobadoresca e a da Traslatio  ||  

 

O Concello de Padrón recupera a Feira Medieval, que do 7 ao 9 de xullo encherá o casco histórico da vila con actuacións musicais, de loitas corpo a corpo, obradoiros de oficios para todas as idades e un espectáculo de lume. Máis de 70 postos animarán o mercado medieval, que se poderá visitar dende as sete da tarde do venres ata a medianoite; o sábado de 11.00 a 14.00 e de 18.00 ata a 01.00 e, o domingo, co mesmo horario do sábado pero pechando á medianoite.

O equipo de goberno que preside Anxo Arca recupera “nas datas habituais do mes de xullo” unha Feira Medieval que enche Padrón de colorido e contribúe a dinamizar o turismo no municipio. O evento non se celebra dende 2019, toda vez que a edición do ano pasado suspendérase. A loita corpo a corpo dos cabaleiros (sábado, 20.00 horas), e o espectáculo de lume (domingo, 22.30), serán dous dos atractivos da Feira Medieval deste ano. O alcalde e a concelleira Chus Campos presentaron esta mañá o cartel oficial.

Artesáns chegados dende todos os puntos cardinais daranlle vida ao mercado medieval que abrirá o venres as cinco da tarde, ao mesmo tempo que comezarán os obradoiros para que público de todas as idades poida coñecer oficios tradicionais relacionados coa madeira, a lá, a cantaría, o curtido de peles ou o tratamento do vidro. Upsala Medieval será a encargada de animar as rúas do casco histórico coa súa música, mentres que A Langoreteira fará gozar a pequenos e maiores cos seus contacontos

visita guiada trobadoresca (17.00 horas) e a da Traslatio (20.00 horas), que partirán de Fondo de Vila, completarán o programa do primeiro día.

O sábado, as autoridades visitarán o mercado ás 11.10 horas, dez minutos despois da súa apertura. Turdión, Upsala Medieval e Un por cada extremo protagonizarán os pasarrúas e os espectáculos musicais que se desenvolverán durante toda a xornada. O Torneo de loita corpo a corpo, no que os cabaleiros loitarán pola súa honra, será un dos atractivos da xornada (20.00 horas na praza Rodríguez Cobián) xunto co gran espectáculo itinerante Errantes(23.00 horas). Os obradoiros de oficios antigos desenvolveranse na praza de Baltar dende as seis da tarde ata a medianoite. O mercado pechará a unha da madrugada.

O domingo, a animación e a música percorrerán o mercado medieval durante toda a xornada e tamén visitarán o tradicional mercadillo dominical (11.15 horas). A praza de Baltar volverá acoller os obradoiros de oficios durante toda a tarde, e na praza de Macías, celebrarase o gran espectáculo de lume a partir das 22.30 horas protagonizado por Asacocirco. A medianoite pecharase a Feira Medieval.

Programa da Feira Medieval de Padrón

O programa completo da XVI Feira Medieval de Padrón pódelo consultar de seguido, ou na imaxe que está ao final desta nova.

Venres, 7 de xullo 2023

17:00 h. Cativo de minna tristura. Visita guiada trobadoresca. Punto de encontro: Fondo de Vila.

19:00 h. Os artesáns, chegados dende todos os puntos cardinais, danlle vida ao mercado amosando as súas artesanías e produtos. Apertura de obradoiros. 

Obradoiro de vidro. Rúa Real.

Obradoiro de madeira, lá, pedra, curtido de peles, exposición de apeiros de labranza medievais e obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

19:10 h. ‘Upsala Medieval’ encherá de acordes musicais as rúas da nobre Vila de Padrón.

19:30 h. O vidreiro real ensinará como transformar un inerte anaco de vidro nunha espectacular rosa. Rúa Real.

20:00 h. A Traslatio. Punto de encontro: Fondo de Vila.

21:15 h. ‘Upsala Medieval’ continúa tocando.

21:30 h. ‘A Lingoteira’ contacontos. Praza Macías.

21.30 h. Exhibición da nobre arte da cantaría. Praza Baltar.

22:30 h. Pasarrúas musical. ‘Upsala Medieval’.

23:00 h. Continúan as actividades ata o peche do Mercado Medieval.

00:00 h. Peche do Mercado Medieval (en función do público).

Sábado, 8 de xullo

11:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

11:10 h. Comitiva de autoridades e organización presentarán o Mercado Medieval.

11:10 h. Pasarrúas musical e teatral.

12:00 h. ‘Bola Xigante’ Itinerante. Cía El Niño del Lápiz.

13:15 h. Pasarrúas Musical ‘Turdión’ ‘Upsala Medieval ‘e ‘Un por cada extremo’.

14:00 h. Hora ‘del Buen Yantar’.

18:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

18:10 h. O espectáculo ‘Turdión’ encherá de acordes musicais as rúas da nobre Vila de Padrón.

18:20 h. Obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

18:30 h. As personaxes interactúan polo mercado ‘bufones  y sus k-charros". Cía El Niño del Lápiz.

20:00 h. Torneo de loita corpo a corpo, onde os nobres cabaleiros loitarán pola súa honra. Praza Rodríguez Cobián.

20:30 h. ‘A Horda de Melkor’, seres mitolóxicos farán falcatruadas entre os asistentes.

21:30 h. Concerto sobre escenario: ‘Turdión’. Praza Rodríguez Cobián.

23:00 h. Grande espectáculo itinerante ‘Errantes’. Cía Troula.

00:00 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

01.00 h. Peche do Mercado Medieval.

Domingo, 9 de xullo

11:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

11:15 h. A animación e a música abandonan o Mercado Medieval e marchan polo mercado dominical.

11:45 h. Photocall cos loitadores. Praza Macías. 

13:15 h. Continúan as actividades ata a hora do ‘Buen Yantar’.

14:00 h. Hora do ‘Buen Yantar’.

18:00 h. Apertura do Mercado Medieval.

18:15 h. Personaxes fan falcatruadas entre o público.

19:20 h. Pasarrúas musical ‘Turdión’, ‘Upsala Medieval’ e ‘Un por cada extremo’ alegrarán a nobre Vila de Padrón.  

20:00 h. Pasarrúas itinerante: ‘Bola Xigante’ e ‘Cómicos de la Corte’. 

21:00 h. Pasarrúas musical itinerante: ‘Upsala Medieval’.

21:30 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios. Praza Baltar.

22:00 h. Pasarrúas musical: ‘Un por cada extremo’.

22:30 h.  Grande espectáculo de lume. ‘Asacocirco’. Praza Macías.

23:15 h. Continúan os obradoiros de antigos oficios.

00:00 h. Peche do Mercado Medieval e despedida ata o vindeiro ano.

 

Feira Medieval Padron 2023 PROGRAMA A4

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…